Axuda

 

 

 

 

  O portal está preparado para que poidas navegar ben pola súa estructura básica a velocidades bastante baixas. Pero a velocidade de conexión é especialmente importante cando queres ver ou escoitar algún dos nosos arquivos multimedia (música, voz, videos...).

Cando queres ver un arquivo multimedia, damos tres posibilidades de escolla: Normal, ADSL e Universidades, como podes ver neste exemplo, na zona destacada en branco.


Normal: É a velocidade de conexión habitual dende a túa casa cando utilizas un modem interno ou externo de 56 kbps ou cando tes contratado co teu proveedor de Internet un servicio básico (ou tarifa plana).
Se tes R, a túa conexión é normal (de 56 kbps) cando contratas o Combo 1.

Se te conectas dende unha administración ou oficina, é probable que accedas a Internet con conexión RDSI, de 64 kbps, ou cunha ADSL de 256 kbps ou superior. Nese caso, o problema é que posiblemente esté compartida por outros traballadores e a velocidade total que teñas sexa similar a 56 kbps.

Colexios e institutos galegos:
Se estás nunha aula do teu colexio ou instituto, recomendámosche que escollas a conexión normal.

256 kbps: É a velocidade de conexión habitual canto tes contratado un servicio de ADSL. O ADSL estándar en tódalas compañías é de 256 kbps, aínda que podes ter unha velocidade superior: 512 ou 2 megas.

Se tes R, poderías ver ben os contidos para ADSL co Combo 2, e sen problemas co Combo 3.

Universidade: É a velocidade de conexión dende calquera dos centros conectados á Autoestrada Galega da Información (Universidades galegas, Centro Ramón Piñeiro, CESGA, os Hospitais, etc...). É unha velocidade altísima e os seus usuarios poden chegar a ver culturagalega.org máis rápido que os propios ficheiros do seu ordenador.

Se estás nalgunha universidade europea ou norteamericana, recomendámosche que probes a velocidade Universidade. ¡Podes ter resultados magníficos! En todo caso, se non che vai ben, sempre podes probar coas outras conexións.

Como coñecer a túa velocidade:
Test de velocidade de Telefónica Data
http://testacceso.es.tdatacenter.com/


 

Recomendación
Moitos usuarios que teñen conexión por modem a 56 kbps pensan que escollendo ADSL nas opcións de video van velos con mellor calidade. Se tes conexión a 56 kbps e queres ver un video con boa calidade, recomendámosche que escollas Quicktime ADSL e déixao descargar...




Como coñecer a túa velocidade:


Fai un test rápido en Bandwith Place (en inglés). Ten en conta que os resultados son meramente aproximativos.
http://bandwidthplace.com/speedtest/




Información
Noticias
Eventos
Especiais
Temas do dia
Zona Cultura
Fin de Semana
Axenda
Certames
Biblioteca
Zona Rss
Soportais
LG3 - Literatura
MeGA - Música
AVG - Cine
BD - Banda Deseñada
Interactividade
Lista de desexos
Propostas de temas
Boletins
Enviar actos
Enviar certames

Correo da redacción
Mapa do Sitio
Axuda
Nós
O equipo do portal
Aviso legal
Licenza de uso
 

Consello da Cultura Galega. (www.consellodacultura.org)
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Contacto: Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org