Axuda

 

Windows Media




Descarga o reproductor


Windows Media.com

 


Real Player



Descarga o reproductor

Real.com

 

 

 

 

 





Quicktime



Descarga o reproductor

Apple Quicktime

 

 

  Para inexpertos
Se non te queres complicar a vida e o teu ordenador ten Windows, a opción máis sinxela é a do reproductor Windows Media, que posiblemente xa teñas instalado no teu sistema operativo. Windos Media permite a reproducción dunha grande variedade de arquivos multimedia. De principio, nos ordenadores que corren con Windows 95 ou superior

Usalo no portal.
Cando vexas un video, e queiras utilizar Windows Media, selecciona a opción que aparece destacada:


Para iniciados
O Realplayer é un reproductor de audio e de video que permite ver e oir arquivos gravados neste formato. Este formato permite transmitir imaxe e son a través de Internet cunha grande compresión, de xeito que o tempo de agarda para acceder ó arquivo é menor que con outros formatos. Sen embargo, a calidade final tamén diminúe con respecto a sistemas nos que a información está menos comprimida.
O Realplayer permite a reproducción en "streaming", é dicir, que non cómpre descargar o arquivo completo antes de velo, senón que o arquivo vaise descargando á memoria do computador a medida que o imos vendo ou escoitando. Na páxina da ligazón, o reproductor gratuito está un pouco agachado. Tes que baixar ata que atopes un apartado chamado "Other links" e escoller "Real Player 8 Basic". Tamén tes acceso a unha versión de pago máis completa e de custe reducido.


Usalo no portal.
Cando vexas un video, e queiras utilizar Real Player, selecciona a opción que aparece destacada:



Para cinéfilos
O Quicktime é un formato que permite a reproducción de arquivos de video e de audio da rede cunha grande calidade e un peso non excesivo. En culturagalega.org utilizámolo para versións de máis calidade de audio e imaxe, e en "descarga progresiva". Isto quere dicir que terás que agardar a que o ficheiro se vaia descargando pouco a pouco. Mentres, podes ir vendo o contido. A ventaxa que ten é que, unha vez descargado, pódelo reproducir sen agardar tantas veces como queiras (ata que marches da páxina onde o abriches).


Usalo no portal.
Cando vexas un video, e queiras utilizar Quicktime, selecciona a opción que aparece destacada:

 

 



Sempre que navegas en Internet o fas cunha velocidade que depende do servicio que ti ou a entidade na que traballas teña contratado para acceso a Internet.

Os videos de culturagalega.org ofrécense adaptados a tres velocidades de conexión a Internet. Escoller a adecuada significa que terás unha mellor experiencia de visionado do video. Son estas:

56 kbs: É a velocidade que tes se navegas a través dun módem normal e corrente e tes contratado un servicio de conexión a Internet por tempo (Bonos Wanadoo, Teleline, Terra) ou calquera dos servicios de tarifa plana básica.

ADSL: O propio nome xa o di. Para os usuarios que teñan instalada unha liña ADSL.

Universidade: É a conexión de máxima calidade. É a recomendable se te conectas dende calquer centro vencellado á Autoestrada Galega da Información (como as tres universidades galegas).

Máis información na nosa páxina de velocidade de conexión



Información
Noticias
Eventos
Especiais
Temas do dia
Zona Cultura
Fin de Semana
Axenda
Certames
Biblioteca
Zona Rss
Soportais
LG3 - Literatura
MeGA - Música
AVG - Cine
BD - Banda Deseñada
Interactividade
Lista de desexos
Propostas de temas
Boletins
Enviar actos
Enviar certames

Correo da redacción
Mapa do Sitio
Axuda
Nós
O equipo do portal
Aviso legal
Licenza de uso
 

Consello da Cultura Galega. (www.consellodacultura.org)
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Contacto: Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org