- Biobibliografias:
- Por orde alfabética
- Por ámbitos de ocupación
- Busca libre:
Comisión de Igualdade
xenero@consellodacultura.org
+34 981 957 202
Indice alfabético
- abadesas de Sobrado de Trives
- Syra Alonso
- Amparo Alvajar
- Francisca Álvarez
- Amalia Álvarez Gallego
- Ángeles Alvariño
- Carme Alvariño Alejandro
- Nicolasa Añón Paz
- Antigas Galaicas
- María Araújo
- Concepción Arenal
- Xela Arias
- Carmen Arias ''Mimina''
- As espontáneas de San Xoán de Río
- As Marías: irmás Fandiño Ricart
- Felicia Auber
- María Balteira
- María Barbeito
- Dorotea Bárcena
- Rosa Bassave Roibal
- Beatriz Benavides
- Josefina Blanco Tejerina
- Maruxa Boga
- María Brey Mariño
- Begoña Caamaño Rascado
- María Cagiao
- Emilia Calé
- Juana Capdevielle
- Sofía Casanova
- María Casares
- María Castaña
- Placeres Castellanos
- Pilar Castillo Sánchez
- Beatriz de Castro
- Inés de Castro
- Rosalía de Castro
- Constanza de Castro
- Rosa María de Castro y Centurión
- Concha Castroviejo
- Micaela Chao Maciñeira
- Colectivo Feminista Independente Galego (CFIG)
- Carmen Cornes
- Clara Corral Aller
- María Corredoyra
- Maruxa das Cortellas
- Luisa Cuesta Gutiérrez
- María Antonia Dans
- As mulleres das Encrobas
- Filomena Dato
- María Dios
- Emilia Docet
- Joaquina Dorado Pita
- Ilduara Eriz
- Exeria
- Nieves Fariza Alonso
- Belén Feliú
- Rita Fernández Queimadelos
- Antonia Ferrín Moreiras
- Olga Gallego Domínguez
- Irene González Basanta
- Corona González Estévez
- Daría González García
- Grupo Saudade
- Ángeles Gulín
- Francisca Herrera
- María Antonia Iglesias González
- Xosefa Iglesias Vilarelle
- María Francisca de Isla y Losada
- Ana Kiro
- María do Carme Kruckenberg Sanjurjo
- Hortensia Landeira Pontijas
- Aurora e Manuela Liste Forján
- Andrea López Chao
- Rosa López Comunión
- Rita Amparo López Jeán
- Pura Lorenzana
- Maruja Mallo
- Marcela e Elisa
- María Mariño
- María Mazás
- Meigas
- Urania Mella
- Xulia Minguillón
- María Miramontes
- Anisia Miranda
- Monxas de Ramirás
- María Luz Morales
- María Victoria Moreno
- Francisca Morlán
- Movemento Democrático de Mulleres en Galicia
- Mulleres galegas na Residencia de Señoritas de Madrid
- Mulleres na olería de Buño
- María Muñoz de Quevedo
- Carmen Muñoz Manzano
- Ofelia Nieto
- Pepa Noia
- Mercedes Núñez
- Antonia Ortiz
- Enriqueta Otero
- La Bella Otero
- Ernestina Elena Otero Sestelo
- María del Portal Panisse
- Emilia Pardo Bazán
- Pepa a Loba
- María Antonia Pereira de Andrade
- Narcisa Pérez Reoyo
- Elena Piñeiro Castro
- María Pita
- Rosa Pons i Fábregas
- Jesusa Prado
- Concepción Ramón Amat
- María Reguera
- Manuela Rey
- M.ª Dolores del Río
- Isabel Ríos
- Dolores Rodeiro Boado
- María Aurea Rodríguez
- Aurora Rodríguez Carballeira
- Hildegart Rodríguez Carballeira
- Carme Rodríguez de Legísima
- Mercedes Ruibal
- Ángela Ruíz Robles
- Concepción Sáiz Otero
- María Antonina Sanjurjo Aranaz
- Elvira Santiso García
- Mulleres no Seminario de Estudos Galegos
- María Soliña
- Marisa Soto
- María Tobío
- Urraca l de León e Castela
- Teresa Vaamonde Valencia
- Olimpia Valencia
- Avelina Valladares
- Maria Valverde
- Concha Vázquez
- Pura Vázquez Iglesias
- María Vázquez Suárez
- Juana María de Vega Martínez
- Engracia Vérez Puentes
- Mercedes Vieito
- Luísa Villalta
- Maruxa Villanueva
- Marisa Villardefrancos
- María Vinyals
- Isabel de Zendal Gómez
Ambitos de ocupación
Joaquina Dorado Pita
Guerrilleira anarcosindicalista coruñesa comprometida na loita pola liberdade e a paz.

Fonte da ilustración: https://www.diagonalperiodico.net
Ámbitos de ocupación...
Doméstico
Acción político - social
Joaquina Dorado Pita nace nun barrio pobre de pescadores da Coruña. O seu pai é caixeiro viaxante e a súa nai ocúpase do coidado do grupo familiar.
Cando sae xogar á rúa, chámalle moito a atención que o chan sexa de terra con pedras e que as crianzas, a diferenza dela, estean descalzas… Estes feitos lévana a pensar nas diferenzas de clase. As súas conviccións van derivar cara ao anarquismo. Con 14-15 anos le Mundo Obrero, Solidaridad Obrera...
No ano 1934, por razóns de traballo do pai, trasládase a Barcelona. Alí Joaquina empeza a traballar no ramo da madeira, realiza tarefas de tapiceira e vernizadora, e afiliase á CNT. Faise ademais militante da Federación Ibérica das Juventudes Libertarias del Poble Sec. Aquí participa nos debates, na lectura de libros… Intégrase tamén na loita activa e dirixe o xornal VOLUNTAD. Periódico Mural de las JJ.LL. de Madera Socializada.
En 1936 traballa como secretaria de Manuel Hernández, presidente do Consejo Económico de la Industria de la Madera Socializada. Este, en 1938, foi mobilizado e será Joaquina quen ocupe o posto de presidenta. Isto convértea na primeira e única muller que ocupa un cargo de responsabilidade nesta organización e chega a ter un papel fundamental no proceso de socialización e colectivización do sector.
Outro aspecto que lle contou a Aurora Marco nalgunha das súas conversas, foi a súa participación na tentativa de 18 persoas para se ir formar a Francia co obxectivo de pilotar cazas e intervir na guerra.
Nos sucesos de maio de 1937 en Barcelona forma parte do grupo “Luz y Cultura” e intervén na loita nos arredores de Telefónica. Alí coñece a Liberto Sarrau (1920-2001), o seu compañeiro de vida. Pertence este ao grupo de acción Tres de Mayo.
En 1939 exíliase cruzando os Pireneos a pé cara a Francia. É interceptada e sofre salvaxes torturas, patéanlle un ril e abandónana pensando que está morta. Uns compañeiros libertarios cúrana aplicándolle medicina naturista e axúdanlle a cruzar a fronteira. Xa en Francia, está cerca de dous meses encerrada no campo de Briançom. De alí escapa a Montpellier e escóndese na casa do botánico Paul Reclus. Posteriormente tenta escapar a Tolosa e pasa por dous campos máis…, un deles reservado a prisioneiros alemáns Recebidoux, Haute Garone, do que tamén consegue fuxir.
Unha vez en Tolosa, maio de 1940, axiña retoma a súa actividade política. Reorganiza as Juventudes Libertarias e en 1946 incorpórase ao grupo Tres de Mayo. Neste mesmo ano, xunto con Liberto e mais outras e outros militantes do Movimiento Libertario de Resistencia, decide volver a España para loitar contra a ditadura franquista. É detida, xunto con Liberto, o 24 de febreiro de 1948. Nos calabozos da policía na Vía Laietana barcelonesa, nos que pasou 18 días, sofre torturas.
Xulgada e condenada a 15 anos de cárcere por “auxilio a la rebelión”, con data 15 de marzo de 1948, Joaquina ingresa na Prisión de Les Corts. Sae en liberdade condicional en xaneiro de 1949 por invalidarse o Consello de Guerra que a condenaba; o mesmo lle ocorre a Liberto.
Despois de dous meses escondidos, deciden regresar a Francia. Collen o tren para chegar ata Ripoll e dende alí pensaban pasar a Francia. Na viaxe Joaquina é advertida por unha coñecida da prisión de que a estación de Ripoll era moi perigosa. Desoen a advertencia, continúan a viaxe e ao chegaren á estación son esposados e sometidos a xuízo. Joaquina é condenada a 12 anos de cárcere. Está en Les Corts un total de 3 anos. Pasa, ademais, por unha grave enfermidade que o 28/12/1950 deriva nun ingreso no Hospital Clínico, onde lle é extirpado un ril. Está ingresada uns tres meses e sae para “morrer na casa”. Salva a vida grazas ao médico naturista Ferrándiz e ao tratamento con penicilina con cargo ao sindicato fabril e téxtil clandestino da CNT.
Desde a prisión, co traballo de costureira, axudaba a manter os seus pais e a Liberto, que tamén está no cárcere. Por iso, logo da súa recuperación, renuncia ao traballo clandestino e regresa ao cárcere o día 21 de decembro de 1953 para cumprir os tres meses que lle faltaban. O 13 de febreiro de 1954 consegue liberdade condicional.
Será a comezos de 1955 cando coñeza a Quico Sabaté. Este, farto e desenganado da cúpula da CNT, que se opuña á loita armada porque puña en perigo o acollemento e legalidade por parte do Goberno francés, decide continuar esta vía contra o franquismo. Decisión que comparte con Joaquina.
En Barcelona, na clandestinidade, ela será a encargada da infraestrutura. Discreta, metódica, experimentada na loita clandestina, móvese por Barcelona con seguridade. Formalmente traballa, mantén a seus pais e a Liberto, preso en Madrid. Sabe que corre perigo apoiando a Sabaté pero Joaquina, bautizada xa como “la NURI”, non o deixa só.
En 1956 logra pasar a Francia e o 30 de xuño concédenlle, por segunda vez, o estatuto de exiliada. Establécese en Tolosa, traballa de costureira e, cando Liberto obtén a liberdade, trasládanse a París, onde traballa ata o seu retiro. Logo da morte de Liberto, vive entre París e Barcelona ata o ano 2006, cando se instala definitivamente en Barcelona.
Sempre se manté fiel ás súas ideas anarquistas e sempre participa nas homenaxes, actos da memoria… O 3 de marzo de 2007, xunto con outras trinta mulleres galegas, recibe unha homenaxe da Xunta de Galicia, no Teatro Principal de Compostela. En xullo do 2008 participa na Homenaxe ao Exilio e nas xornadas Exilios Femininos, realizadas na Illa de San Simón e organizadas pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
Ingresa no Hospital del Mar de Barcelona o 11 de xaneiro de 2017. Unha caída na casa provócalle unha fractura de úmero e unha hemorraxia cerebral da que non logra recuperarse. Morre dous meses despois.
AGRADECEMENTOS
Lola Ferreiro Díaz
Carmen Tato Lago
Biblioteca Miguel González Garcés
Autor/a da biobibliografía: Mariam Ferreiro Vidarte (2017)
Extras sobre Joaquina
"Joaquina Dorado, a loita nada no barrio de Santa Lucía"
"Joaquina Dorado Pita"
"Els cent anys de lluita de Joaquina Dorado, la guerrillera de la llibertat"
"Foise, con 99 anos, a loitadora Joaquina Dorado"
"Joaquina Dorado, la insobornable"
"Fallece Joaquina Dorado, una de últimas antifranquistas presa en Les Corts"
Video...
Ligazóns...
- Vídeo da intervención de Joaquina Dorado Pita nas xornadas de homenaxe ao exilio Mulleres con Memoria celebradas o día 19 de xullo de 2008. Presenta Aurora Marco.
- Um dia com a companheira Joaquina Dorado Pita. Web da CNT-Galicia
- Homenaxe a Joaquina Dorado Pita no Web da CNT-Galiza
- Joaquina Dorado Pita no Web Los de la Sierra. Dictionaire des guerrilleros et resistants antifranquistes
- In Memoriam Joaquina Dorado Pitano Web da CNT. Vitoria-Gasteiz
- In Memoriam Joaquina Dorado Pita no Web Rojo y Negro
- Joaquina Dorado Pita no Web Memoria Prisión de Mujeres de les Corts. barcelona 1939-1945
Bibliografía...
- SANCHEZ AGUSTÍ, FERRáN: El maquis anarquista. De Toulouse a Barcelona por los pirineos, Editorial Milenio, 2006