- Biobibliografias:
- Por orde alfabética
- Por ámbitos de ocupación
- Bibliografía
- Busca libre:

Comisión de Igualdade
xenero@consellodacultura.org
+34 981 957 202
Indice alfabético
- Mulleres no Seminario de Estudos Galegos
- Syra Alonso
- Amparo Alvajar
- Francisca Álvarez
- Ángeles Alvariño
- Antigas Galaicas
- María Araújo
- Concepción Arenal
- Xela Arias
- As monxas de Ramirás
- Felicia Auber
- María Balteira
- María Barbeito
- María Cagiao
- Emilia Calé
- Juana Capdevielle
- Sofía Casanova
- María Casares
- María Castaña
- Placeres Castellanos
- Pilar Castillo Sánchez
- Rosalía de Castro
- Inés de Castro
- Rosa María de Castro y Centurión
- Carmen Cornes
- Clara Corral Aller
- María Corredoyra
- Luisa Cuesta Gutiérrez
- María Antonia Dans
- Filomena Dato
- Constanza de Castro
- María Dios
- Ilduara Eriz
- Exeria
- Belén Feliú
- Corona González
- Francisca Herrera
- Xosefa Iglesias Vilarelle
- María Francisca de Isla y Losada
- Hortensia Landeira
- Andrea López Chao
- Rita Amparo López Jeán
- Pura Lorenzana
- Maruja Mallo
- Marcela e Elisa
- María Mariño
- Meigas
- Urania Mella
- Xulia Minguillón
- María Miramontes
- María Luz Morales
- María Victoria Moreno
- Francisca Morlán "Pancha"
- María Muñoz de Quevedo
- Mercedes Núñez
- La Bella Otero
- Enriqueta Otero
- Emilia Pardo Bazán
- María Antonia Pereira de Andrade
- Narcisa Pérez Reoyo
- María Pita
- Jesusa Prado
- Isabel Ríos
- Dolores Rodeiro Boado
- Hildegart Rodríguez
- Aurora Rodríguez Carballeira
- Carme Rodríguez de Legísima
- Mercedes Ruibal
- Ángela Ruíz Robles
- Concepción Sáiz Otero
- Elvira Santiso García
- María Soliña
- Marisa Soto
- Xohana Torres
- Urraca l de León e Castela
- Olimpia Valencia
- Avelina Valladares
- Maria Valverde
- Concha Vázquez
- Pura Vázquez Iglesias
- Juana María de Vega Martínez
- Mercedes Vieito
- Maruxa Villanueva
- Marisa Villardefrancos
- María Vinyals
- Isabel de Zendala y Gómez
Ambitos de ocupación
Rosalía de Castro
"Mollo na propia sangre a dura pruma"
De “¡Silencio!”, Follas novas

Ámbitos de ocupación...
Literario / Letras
Doméstico
A literatura galega contemporánea constrúese como tal a partir da obra dunha muller que teimou contracorrente en "falar das causas da nosa terra na nosa léngoa", e en facelo malia saber que "as multitudes dos nosos campos tardarán en ler estes versos, escritos a causa deles pero só en certo modo para eles". Dotada dunha especial sensibilidade para sintonizar literariamente cos menos afortunados e para vibrar coas "innumerables coitas das nosas mulleres", quizais porque a súa non foi unha vida fácil, Rosalía sería ata os nosos días nai, musa, santa, bandeira e mito fundacional dunha cultura que, dalgún xeito, se sentía orfa e que adoptaría como matriarca a unha muller que padecería a condición de ilexítima. Filla dun sacerdote e dunha fidalga vida a menos, os primeiros anos da vida de Rosalía transcorreron en diversos lugares (Ortoño, Padrón...) do Val da Maía; de aí viríanlle á escritora o seu coñecemento natural do galego e da cultura rural, e a inclinación solidaria cara aos homes e mulleres labregos. Instalada xa dende a adolescencia en Santiago, Rosalía participa nas actividades culturais do "Liceo de la Juventud", onde destacou como actriz. Non están claras as razóns da súa partida para Madrid en 1856 (iniciar unha carreira literaria? afastarse do círculo de amizades provincialista, tras o escándalo do Banquete de Conxo?), mais de alí regresa en 1858 casada con Manuel Murguía, o cabezaleiro do movemento rexionalista. Dende entón a vida de Rosalía estivo marcada pola inestabilidade laboral do seu home, cuxos empregos dependían dos avatares políticos. Con permanentes dificultades económicas e peregrinando por distintos puntos da xeografía española ata que en 1875 se instala de maneira case definitiva en Padrón, Rosalía foi nai de sete fillos e coñeceu a amargura de ver morrer un deles -Honorato- cun ano e medio nun accidente doméstico, e que a derradeira -Valentina- nacese morta. Moito se especulou sobre a relación entre o matrimonio; se é certo que Murguía manipulou a obra de Rosalía e soubo aproveitar a valía literaria da súa dona para convertela na musa do galeguismo, tamén o é que impulsou decididamente a súa carreira literaria.
Aínda que boa parte da súa produción está en castelán (os seus poemarios xuvenís e as súas novelas, xénero inconcibible naquel momento nunha lingua co feble nivel de normalización do galego), foron Cantares gallegos e Follas novas os dous poemarios que a converteron na escritora máis coñecida en idioma galego, non só entre os especialistas senón entre a xentes común. Ao castelán volvería Rosalía en 1884, con En las orillas del Sar, materializando así o abandono do galego como lingua de expresión literaria que xa viña anunciando dende 1880, unha decisión interpretada pola crítica de maneiras diversas, que coido que se poden sintetizar na incomprensión da crítica e de certos sectores sociais cara á súa obra galega.
Rosalía morrería como consecuencia dun cancro de útero, logo de ordenarlles ás súas fillas que queimasen os seus manuscritos. Por desgraza, obedeceron. Enterrada nun primeiro momento en Iria, no cemiterio de Adina que ela cantara, en 1891 os seus restos foron trasladados ao Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval (Santiago). Tras o seu pasamento, axiña comezou a exaltación da súa figura, estereotipada como "a nai", "a santiña", "a rola de Galicia", etc.; imaxes que se nos revelan como parciais (por non dicir claramente distorsionadas) logo dunha lectura atenta da súa obra, posto que obvian dimensións máis profundas, como a metaliteraria, e polémicas como a crítica implacable que realizou, dende a súa propia experiencia vital, a un sistema social que lexitimaba radicais desigualdades etnicas, de clase e de sexo.
Autor/a da biobibliografía: Dolores Vilavedra
Extras de Rosalía de
“Lieders”
“Las literatas. Carta a Eduarda”
“Prólogo” de La Hija del mar
Escolma de textos de Rosalía de Castro
Extras sobre Rosalía de
Velada-homenaxe solemne
Fragmento de Women Poets of Spain. 1860-1990
POZO GARZA,L. Diálogos con Rosalía.
Selección de poemas dedicados
Documentos históricos
-
“La Precusora” -
“Unha afirmación inxusta” -
Rosalía -
Ano conmemorativo do centenario do pasamento de Rosalía de Castro
Novas achegas
-
“Rosalía de Castro: a inauguradora da modernidade galega -
‘Señores da terra e fillas do mar: o feminismo de Rosalía de Castro’. -
Flavio ou a democracia feminina
Video...
Multimedia...
- Maio longo
- A xusticia pola man
- Airiños, aires
- Rosalía 1: Maruxa Villanueva recitando a Rosalía
- Negra sombra
- Rosalía 2: Maruxa Villanueva recitando a Rosalía
Ligazóns...
- Web da Fundación Rosalía de Castro
- Catálogo da biblioteca da USC
- Cervantes Virtual. (numerosos documentos sonoros)
- Biblioteca Virtual Galega
Bibliografía...
- DAVIES, C., "Rosalía de Castro. Criticism 1950-1980: the Need for a New Approach", Bulletin of Spanish Studies, LX, nº 3, p. 211-220.
- VV.AA.: Actas do congreso de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo. Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, Universidade, 3 v.
- LÓPEZ, A. E POCIÑA, A., Rosalía de Castro. Documentación biográfica y bibliografía crítica (1837/1990). A Coruña, Fundación Barrié, 3 v.
- LÓPEZ, A. EPOCIÑA, A., "Notas sobre a pervivencia e difusión da obra rosaliana, edicións e traduccións de Rosalía dende 1991 a 1998", en RODRÍGUEZ, J.L. (ed.), Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero. Santiago de Compostela, Parlamento de Galicia, Universidade, p. 619-638.
- ÁLVAREZ RUIZ DE OJEDA, V., "Bibliografía rosaliana 1999-2002", Revista de estudios rosalianos, 2, p. 179-235.
