- Biobibliografias:
- Por orde alfabética
- Por ámbitos de ocupación
- Bibliografía
- Busca libre:

Comisión de Igualdade
xenero@consellodacultura.org
+34 981 957 202
Indice alfabético
- Mulleres no Seminario de Estudos Galegos
- Syra Alonso
- Amparo Alvajar
- Francisca Álvarez
- Ángeles Alvariño
- Antigas Galaicas
- María Araújo
- Concepción Arenal
- Xela Arias
- As monxas de Ramirás
- Felicia Auber
- María Balteira
- María Barbeito
- María Cagiao
- Emilia Calé
- Juana Capdevielle
- Sofía Casanova
- María Casares
- María Castaña
- Placeres Castellanos
- Pilar Castillo Sánchez
- Rosalía de Castro
- Inés de Castro
- Rosa María de Castro y Centurión
- Carmen Cornes
- Clara Corral Aller
- María Corredoyra
- Luisa Cuesta Gutiérrez
- María Antonia Dans
- Filomena Dato
- Constanza de Castro
- María Dios
- Ilduara Eriz
- Exeria
- Belén Feliú
- Corona González
- Francisca Herrera
- Xosefa Iglesias Vilarelle
- María Francisca de Isla y Losada
- Hortensia Landeira
- Andrea López Chao
- Rita Amparo López Jeán
- Pura Lorenzana
- Maruja Mallo
- Marcela e Elisa
- María Mariño
- Meigas
- Urania Mella
- Xulia Minguillón
- María Miramontes
- María Luz Morales
- María Victoria Moreno
- Francisca Morlán "Pancha"
- María Muñoz de Quevedo
- Mercedes Núñez
- La Bella Otero
- Enriqueta Otero
- Emilia Pardo Bazán
- María Antonia Pereira de Andrade
- Narcisa Pérez Reoyo
- María Pita
- Jesusa Prado
- Isabel Ríos
- Dolores Rodeiro Boado
- Hildegart Rodríguez
- Aurora Rodríguez Carballeira
- Carme Rodríguez de Legísima
- Mercedes Ruibal
- Ángela Ruíz Robles
- Concepción Sáiz Otero
- Elvira Santiso García
- María Soliña
- Marisa Soto
- Xohana Torres
- Urraca l de León e Castela
- Olimpia Valencia
- Avelina Valladares
- Maria Valverde
- Concha Vázquez
- Pura Vázquez Iglesias
- Juana María de Vega Martínez
- Mercedes Vieito
- Maruxa Villanueva
- Marisa Villardefrancos
- María Vinyals
- Isabel de Zendala y Gómez
Ambitos de ocupación
Marisa Villardefrancos
A Emily Brontë galega

Ámbitos de ocupación...
Artístico
Literario / Letras
Medios de Comunicación
Docente
Foi unha das escritoras máis coñecidas da década dos cincuenta, principalmente porque as súas obras circularon neses circuítos populares como foron os quioscos (na publicación Chicas e nas novelas da « Biblioteca de Chicas») e a radio (nas famosas radionovelas que emitiu a Cadena SER). Pero non gozou do mesmo recoñecemento nos ámbitos literarios, malia que os seus escritos teñen gran calidade e se sitúan na mesma liña que outras escritoras europeas recoñecidas como Emiliy Brontë, autora de Cumbres borrascosas. Destacou por sortear a censura e presentar, baixo unha aparencia de novela rosa, unhas protagonistas femininas tremendamente actuais, que exercían profesións liberais fortemente independentes en escenarios conflitivos como os do Ulster ou os da Segunda Guerra Mundial, coas que demostrou unha fonda e ampla cultura xeral.
Naceu en Vedra o 12 de outubro de 1915 e hai numerosas circunstancias da súa nenez que deixaron unha fonda pegada na súa literatura: a paisaxe bucólica do río Ulla, a educación impartida pola súa nai ?que tamén era mestra? ou as súas simpatías polo catolicismo. Pero, sobre todo, destaca unha parálise infantil con apenas catro anos, que non superará nunca e que lle abriu as portas da literatura como vía de escape. Ademais, esta característica física crea nela un espírito de loita continua por vencer a súa discapacidade que tamén lles transmitiu a moitas das personaxes do seu universo literario. Marisa foi unha rapaza fondamente soñadora, enfrascada na lectura e fortemente convencida do poder da educación nas idades máis temperás, polo que non é de estrañar que decidise estudar Maxisterio en Santiago.
Rematada a carreira e despois de morrer a súa nai, Marisa marcha co seu pai e a súa irmá Gloria a vivir a Madrid. É na capital onde coñece a Julio Camba e a Wenceslao Fernández Flórez, os que, coñecendo a súa paixón literaria, comezan a orientala cara á literatura infantil. Este último, ademais de ser o padriño literario de Marisa, escribiulle o prólogo dalgunhas das súas novelas. Fernández Flórez tamén lle presentou a Consuelo Gil, directora da editorial Gilsa, responsable, entre outras moitas publicacións xuvenís e infantís do século XX, da revista Chicas. Non se puideron coñecer en mellor momento, xa que Consuelo estaba a pensar en como lle dar un novo aire á revista. As lectoras de Mis chicas medraban e debía ofrecerlles unha publicación acorde coas súas novas necesidades. Foi así como a revista esqueceu as historietas, mudou o formato e achegou unha nova liña de colaboradoras, entre as que estaba Gloria Fuertes, Gracián Quijano e as irmás Villardefrancos. Gloria desenvolveu unha mínima carreira literaria, sempre moi vencellada á súa irmá, á que estivo moi unida.
Pero a colaboración con Consuelo Gil foi moito máis alá. Ademais da revista, escribiu numerosas novelas para a «Biblioteca de Chicas», nas súas coleccións «La ardilla escocesa» e «...Y échate a volar», nas que foi construíndo novelas cargadas dun forte compoñente sentimental, protagonizadas por mulleres con profesións liberais que vencen fortes obstáculos sociais e persoais cunha grande independencia e madurez.
Todo isto mergullado en conflitos sociais e históricos de fondo calado. Non é instranscendente que unha das súas series de novelas máis populares estea protagonizada pola médica «Teniente Jefferson», de descendencia americana, que traballa en diferentes lugares ao fío da Segunda Guerra Mundial.
Os lugares onde suceden as historias non son meros escenarios, son parte das tramas porque lle serviron como desculpa para achegar enfrontamentos entre razas, clases sociais e as situacións extremas da Segunda Guerra Mundial, un tema polo que a escritora sentía verdadeira devoción. A través da súa extensa bibliografía, Marisa Villardefrancos percorre desde Irlanda e os conflitos do Ulster (nos que suceden as dúas primeiras partes da triloxía Almas na sombras, El brezal de las nubes e El caballero de los brezos), ata África (La cumbre de Kichijunga), Oriente e outros destinos exóticos, como Xamaica ou os mares do Caribe. Un universo literario moi separado do que recrea a novela rosa, entendida exclusivamente como literatura de amor e desamor na que a finalidade dos protagonistas era unicamente buscar un final feliz. Pero, ademais, Marisa Villardefrancos fuxía de linguaxes retóricas e repugnantes, empregando un ton directo e elaborado co que demostrou unha fonda bagaxe cultural.
Tamén fixo pequenas incursións no eido teatral, escribiu obras que chegaría a estrear nos teatros Alcázar e Albéniz de Madrid. La princesa del salón secreto, Milagro de rendición ou Flor de cerezo son algúns dos títulos en que, malia o cambio de xénero, seguía fiel á súa temática: lendas fantásticas -algunhas delas de carácter relixioso- e, por suposto, o amor.
Malia que foi moi popular e moi coñecida, a súa pista pérdese a mediados dos anos setenta. É Enrique Martínez Peñaranda, en diferentes investigacións sobre a súa biobibliografía, quen descobre casualmente que o estado de saúde de Marisa é o que a fai desaparecer da esfera literaria (vease o documento elaborado por Enrique Martinez Peñaranda no apartado “extras sobre Marisa Villardefrancos”). Un ostracismo que se mantén ata a súa morte. A pesar de que a súa figura está diluída polo paso do tempo, moitos lembrarán as historias ás que Pedro Pablo Ayuso, Matilde Conesa e Matilde Vilariño, entre outros actores, lles prestaron as súas voces para animar, desde a radio, as longas tardes da década dos cincuenta.
OBRA
Debido a súa extenxión, ofrecemos un documento coa obra de Marisa Villardefrancos elaborado por Enrique Martínez Peñaranda nun documento PDF no apartado "Extras de Marisa Villardefrancos"
Autor/a da biobibliografía: Enrique Martínez Peñaranda e Cristina Mouriño Cabaleiro
Extras de Marisa
Obras de Marisa Villardefrancos: guía temática e cronolóxica
Portadas dos libros de Marisa Villardefrancos
Extras sobre Marisa
Video...
-
"Rapsodia sobre un tema de Paganini (Variación 18)", tema empregado na Cadena SER para dar entrada a cada capítulo de El teniente médico Jefferson
-
Greensleeves, tema que acompañó a versión radiofónica de Almas en la sombra e El brezal de las nubes
Ligazóns...
- Aquí pódese descargar en arquivo PDF o artigo de Enrique Martinez Peñaranda “Marisa Villardefrancos y los años de la radio”, publicado na revista Arbor no ano 2006
- Dosier Marisa Villardefrancos. In Memoriam. Elaborado por Estrella Cardona Gamio
Bibliografía...
- ROMIEU, E. E G. , La vida de las hermanas Brontë. Cap. II ("Los Moors") , Buenos Aires, Espasa Calpe,1948.
- COUCEIRO FREIJOMIL, A., Diccionario bio-bibliográfico de escritores , Santiago de Compostela, Bibliófilos Gallegos, 1951.
- VV. AA. AUTORAS en la Historia del Teatro Español, tomo II , Madrid, Asociación de Directores de Escena de España, 1997.
- MARTÍNEZ PEÑARANDA, E. , "La luminosa lucha de Marisa Villardefrancos". La novela popular 2. Ediciones Robel. Madrid, 2001.
- MARTÍNEZ PEÑARANDA, E. , "Marisa Villardefrancos y los años de la Radio" , Arbor, Madrid, Consejo Superior de Investigaciones Científicas, n.º 719 (maio-xuño, 2006)
