culturagalega.org

Qué é o Álbum?

Indice alfabético


Ambitos de ocupación

Concepción Arenal

Excepcional intelectual con acceso á cultura escrita desde a nenez



Ferrol 1820 - Vigo 1893

Ámbitos de ocupación...
Acción político - social
Literario / Letras
Xurídico
Investigación / Científico

Filla dun militar liberal orixinario da montaña santanderina, Ángel del Arenal, e de Concepción Ponte Tenreiro, de ascendencia aristocrática galega. A súa infancia estivo marcada pola persecución, represión e desterro que sufriu o seu pai a causa das súas ideas liberais, e pola súa morte prematura a consecuencia delas. Estudou en Madrid, nun colexio para señoritas, cun tipo de educación para nenas de clases acomodadas que máis tarde ela mesma se encargaría de someter a severa crítica por tratarse da "arte de perder o tempo". Mais a maior parte da súa cultura e formación acadouna de xeito autodidacta, especialmente a través da lectura, á que se afeccionou polo contacto coa biblioteca que a súa familia paterna tiña en Armaño (Santander), lugar a onde se trasladou coa súa nai e as súas dúas irmás tras quedar orfa de pai, e a onde regresou para coidar da súa avoa Jesusa cando esta enfermou. Tiña vinte e un anos cando morreu a súa nai.

É bastante probable que asistise á Universidade disfrazada de home, ás aulas da carreira de Dereito, xa que nese momento non se permitía legalmente o acceso das mulleres aos estudos superiores en España. En 1848 casou con Fernando García Carrasco; a parella compartiu inquedanzas e traballo intelectual e tivo unha filla, Concepción, que morreu antes de cumprir os dous anos, e dous fillos, Ramón e Fernando. Despois do derradeiro parto a saúde de Concepción Arenal quedou delicada para o resto da súa vida. Quedou viúva aos trinta e sete anos e o seu fillo Ramón tamén morreu prematuramente.

Foi nomeada "visitadora de prisións de mulleres" en 1863, posto que foi suprimido definitivamente dez anos despois. Na Coruña trabou unha grande amizade con Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina. Concepción Arenal asistía á tertulia que organizaba a condesa na súa casa da rúa Real e as dúas promoveron unha asociación para visitar as mulleres presas chamada das "Magdalenas". Concepción Arenal escribía cartas dirixidas ás reclusas nas que explicaba o contido do Código penal daquela vixente (o de 1850) e comentaba algúns artigos, especialmente os que facían referencia a delitos cometidos por mulleres. Juana de Vega era a que se encargaba de lerlles esas cartas ás presas mentres Concepción Arenal se dedicaba a observar as actitudes destas durante a lectura.
As dúas últimas décadas da súa vida pasounas co seu fillo Fernando, primeiro en Xixón e, tras un breve paso por Pontevedra, en Vigo. Foron anos de moi intensa actividade social e intelectual malia o seu precario estado de saúde. Salvo pequenos períodos e por motivos de empeoramento da súa saúde, Concepción Arenal non deixou de escribir, estudar e revisar as súas propias obras e ideas, até o fin da súa vida. Boa proba diso constitúea a súa ampla bibliografía, que se agrupa, fundamentalmente, ao redor de tres grandes temas: as denominadas "cuestión social", "penitenciaria" e "feminina". A súa obra tivo repercusión internacional malia que Concepción Arenal non saíu nunca de España. Porén, enviou informes a congresos internacionais que foron obxecto de unánime aplauso por parte dos expertos alí presentes; colaborou en publicacións e libros editados en francés e inglés; ilustres personaxes do ámbito penal e penitenciario, como Roeder e E. C. Wines, eloxiaron a súa obra e persoa; libros seus, como El visitador del pobre e El visitador del preso, foron traducidos a outras linguas.

Un elemento esencial para comprender tanto a súa vida como a súa obra constitúeo a súa proximidade ao ideario liberal e krausista; malia a orixinalidade do seu pensamento destacan esas influencias, que tamén tiveron un papel importante no plano afectivo a través do seu contacto con destacadas personalidades liberais da época, coas que compartiu a un tempo relacións de amizade e proxectos de carácter social e intelectual, como o seu amigo e cuñado Manuel de la Cuesta, Salustiano Olózaga, Juana de Vega, Fernando de Castro, Francisco Giner de los Ríos, Gumersindo de Azcárate, etc.



Obra de Concepción Arenal
 
ARENAL C., Fábulas en verso originales, Madrid, Tomás Fortanet. 1851.

ARENAL C., La beneficencia, la filantropía y la caridad, Madrid, Imprenta del Colegio de Sordo-Mudos y de Ciegos, 1861.

ARENAL C., Manual del visitador del pobre, Madrid, Imprenta de Tejado, 1863.

ARENAL C., Manuel du visiteur du pauvre, París, Ambroise Bray Libraire-Editeur, 1864.

ARENAL C., Cartas a los delincuentes, A Coruña, Imprenta del Hospicio, 1865.

ARENAL C., El reo, el pueblo y el verdugo, o la ejecución pública de la pena de muerte, Madrid, Establecimiento Tipográfico de Estrada, Díaz y López, 1867.

ARENAL C., La voz que clama en el desierto, A Coruña, Tipografía de la Casa de Misericordia, 1868.

ARENAL C., Examen de las bases aprobadas por las Cortes, para la reforma de las prisiones, Madrid, Imprenta de la Revista de Legislación, 1869.

ARENAL C., La mujer del porvenir. Artículos sobre las conferencias dominicales para la educación de la mujer, celebradas en el Paraninfo de la Universidad de Madrid, Sevilla-Madrid, Eduardo Perié-Félix Perié, 1869.

ARENAL C., Estudios penitenciarios, Madrid, Imprenta de T. Fortanet, 1877.

ARENAL C., La cárcel llamada Modelo, Madrid, Imprenta de T. Fortanet, 1877.

ARENAL C., Las colonias penales de la Australia y la pena de deportación, Madrid, Imprenta y Librería de Eduardo Martínez, 1877.

ARENAL C., "La récidive en Espagne", Bulletin de la Société Générale des Prisons, 6 (xuño 1878), p. 575-586.

ARENAL C., Ensayo sobre el derecho de gentes, Madrid, Imprenta de la Revista de Legislación, 1879.

ARENAL C., "Hay Irlanda, pero no Cobden", La Ilustración Gallega y Asturiana, 34 (8 de decembro 1880), p. 418-419.

ARENAL C., "Mi vida. A... que me pedía con insistencia apuntes para escribir mi biografía", La Ilustración Gallega y Asturiana, 31 (8 de novembro 1880), p. 385.

ARENAL C., Cuadros de la guerra, Ávila, Imprenta de la Propaganda Literaria, 1880.

ARENAL C., La cuestión social. Cartas a un obrero y a un señor, Ávila, Imprenta de la Propaganda Literaria, 1880.

ARENAL C., La instrucción del pueblo, Madrid, Real Academia de Ciencias Morales y Políticas (Tip. Guttenberg), 1881.

ARENAL C., "Lettre à M. Le Directeur General de L’Administration Pénitentiaire D’Espagne", Bulletin de la Société Générale des Prisons, 4 (abril 1883), p. 468-475.

ARENAL C., La mujer de su casa, Madrid, Gras y Compañía Editores, 1883.

ARENAL C., "Idea del cielo", en Almanaque de las damas para 1885, Puerto Rico, Imprenta y Librería de José González Font, 1884.

ARENAL C., "Clinique criminelle", Bulletin de la Société Générale des Prisons, nº 7 (novembro 1886), p. 857-866.

ARENAL C., "Psychologie comparée du délinquant", Bulletin de la Société Générale des Prisons, 5 (maio 1886), p. 647-655.

ARENAL C., "La educación de la mujer", Boletín de la Institución Libre de Enseñanza, T. XVI (1892), p. 305-312.

ARENAL C., El delito colectivo, Madrid, La España Moderna, 1892.

ARENAL C., Manuel du visiteur du prisonnier, París, Au Secrétariat de l’Oeuvre des Libérées de Saint-Lazare, 1893.

ARENAL C., El visitador del preso, Madrid, La España Moderna, 1894.

ARENAL C., Obras Completas, Madrid, Librería de Victoriano Suárez, 1894-1913.

ARENAL C., "Estado actual de la mujer en España", Boletín de la Institución Libre de Enseñanza, T. XIX (1895 ), p. 239-252.

ARENAL C., Informes presentados en los Congresos Penitenciarios de Estocolmo, Roma, San Petersburgo y Amberes, Madrid, Librería de Victoriano Suárez, 1896.

ARENAL C., El pauperismo, Madrid, Librería de Victoriano Suárez, 1897.

ARENAL C., "A Méndez Núñez", en Vigo y Doña Concepción Arenal. El libro de la velada (10 de septiembre de 1897), Madrid, Establecimiento Tipográfico de la viuda e hijos de Manuel Tello, 1898.

ARENAL C., La igualdad social y política y sus relaciones con la libertad, Madrid, Librería de Victoriano Suárez, 1898.

ARENAL C., "Juicio crítico de las obras de Feijoo", en Antología popular, Buenos Aires, Editorial Galicia, 1966.

ARENAL C., Dios y libertad, Pontevedra, Deputación Provincial, 1996.


Autor/a da biobibliografía: Celia Pereira Porto (2007)

Extras de Concepción 

Extras sobre Concepción

38_01.jpg
38_01.jpg
38_02.jpg
38_02.jpg
38_03.jpg
38_03.jpg
38_04.jpg
38_04.jpg
38_05.jpg
38_05.jpg

Ligazóns...

Bibliografía...

Untitled Document