- Biobibliografias:
- Por orde alfabética
- Por ámbitos de ocupación
- Bibliografía
- Busca libre:

Comisión de Igualdade
xenero@consellodacultura.org
+34 981 957 202
Indice alfabético
- Mulleres no Seminario de Estudos Galegos
- Syra Alonso
- Amparo Alvajar
- Francisca Álvarez
- Ángeles Alvariño
- Antigas Galaicas
- María Araújo
- Concepción Arenal
- Xela Arias
- As monxas de Ramirás
- Felicia Auber
- María Balteira
- María Barbeito
- María Cagiao
- Emilia Calé
- Juana Capdevielle
- Sofía Casanova
- María Casares
- María Castaña
- Placeres Castellanos
- Pilar Castillo Sánchez
- Rosalía de Castro
- Inés de Castro
- Rosa María de Castro y Centurión
- Carmen Cornes
- Clara Corral Aller
- María Corredoyra
- Luisa Cuesta Gutiérrez
- María Antonia Dans
- Filomena Dato
- Constanza de Castro
- María Dios
- Ilduara Eriz
- Exeria
- Belén Feliú
- Corona González
- Francisca Herrera
- Xosefa Iglesias Vilarelle
- María Francisca de Isla y Losada
- Hortensia Landeira
- Andrea López Chao
- Rita Amparo López Jeán
- Pura Lorenzana
- Maruja Mallo
- Marcela e Elisa
- María Mariño
- Meigas
- Urania Mella
- Xulia Minguillón
- María Miramontes
- María Luz Morales
- María Victoria Moreno
- Francisca Morlán "Pancha"
- María Muñoz de Quevedo
- Mercedes Núñez
- La Bella Otero
- Enriqueta Otero
- Emilia Pardo Bazán
- María Antonia Pereira de Andrade
- Narcisa Pérez Reoyo
- María Pita
- Jesusa Prado
- Isabel Ríos
- Dolores Rodeiro Boado
- Hildegart Rodríguez
- Aurora Rodríguez Carballeira
- Carme Rodríguez de Legísima
- Mercedes Ruibal
- Ángela Ruíz Robles
- Concepción Sáiz Otero
- Elvira Santiso García
- María Soliña
- Marisa Soto
- Xohana Torres
- Urraca l de León e Castela
- Olimpia Valencia
- Avelina Valladares
- Maria Valverde
- Concha Vázquez
- Pura Vázquez Iglesias
- Juana María de Vega Martínez
- Engracia Vérez Puentes
- Mercedes Vieito
- Maruxa Villanueva
- Marisa Villardefrancos
- María Vinyals
- Isabel de Zendala y Gómez
Ambitos de ocupación
Amparo Alvajar
Dramaturga e tradutora en organismos internacionais

Ámbitos de ocupación...
Literario / Letras
Artístico
Político - Institucional
A noticia da morte en Monçao de Amparo Alvajar en abril de 1998 puña fin a unha biografía que só cuns poucos datos conseguía sorprender e perturbar. Sorprendía que case nada se soubera desta muller tradutora, escritora, directora teatral e funcionaria internacional que se tivera que exiliar despois do golpe militar. Amparo a través de toda a súa vida posuía unha imaxe moderna, audaz e tamén un tanto misteriosa, talvez porque agochaba unha intensa biografía en que a dor non estaba ausente.
Nacera na Coruña o 8 de agosto de 1916, no berce dunha familia republicana creada polo xornalista César Alvajar e Amparo Jean, destacadas personalidades da cidade. Como correspondía pola súa orixe, Amparo gozou nos anos da República da activa vida cultural e política da Coruña e mesmo traballou de funcionaria no Concello. Colaboradora de Casares Quiroga, marchará con el a Madrid como persoa de confianza do seu despacho. Será desde a capital española desde onde, despois do golpe militar, teña que fuxir para Valencia, cidade onde casará con Arturo Cuadrado e terá a súa filla Silvia, que morre ao pouco de nacer a causa dunha pneumonía. Como acontece con todos os membros da súa familia, o exilio é o destino obrigado e, despois de pasar por diversas cidades francesas, foxe para Bos Aires en 1939 a bordo do vapor Massilia, no que embarcarán tamén outros deportados como a propia Mariví Villaverde, quen lembra como unha ambulancia agardaba a unha Amparo novamente preñada no porto bonaerense. Ingresa de inmediato nunha clínica pero, despois da longa e dura travesía, o neno nacerá morto.
Na capital arxentina, Amparo traballa como tradutora de escritores ingleses e franceses e estrea con éxito dúas obras de teatro da súa autoría -El balcón de los Lester e Amada y tú-, nas que se ocupa tamén da dirección de escena, en colaboración con Agustín Caballero. A traxectoria de Alvajar continúa vencellada a distintas organizacións internacionais, primeiro como tradutora da ONU en Nova York, traballando no Correo da Unesco en París e, por volta de 1960, como funcionaria nas oficinas da Organización Mundial do Traballo en Xenebra, cidade cun importante movemento teatral, onde dirixiría obras de Lope de Vega, Moratín, Buero Vallejo ou García Lorca. Durante todo o seu exilio, Amparo continuará mantendo os seus ideais republicanos e en 1961 concédenlle a "Orde da Lealdade á República Española", da que é nomeada "cabaleiro".
"Cunha obra moi disgregada polas circunstancias, é unha das mulleres de formación intelectual máis traballada da Galiza de hoxe e unha importante escritora, con obra feita e tamén espallada nunha e outra cidade, Bos Aires, Nova York, París, Xenebra" destacou dela Luís Seoane ao tempo que anunciaba que, nos anos setenta, Amparo matinaba "traballar novamente para Galiza desde fóra, aínda que non deixou endexamais de traballar para ela, como ocorre con moitos escritores e artistas da xeración cuxa obra foi feita, por circunstancias especiais, no estranxeiro e moitas veces nas peores condicións. Unha obra non rexistrada aínda na súa totalidade, en ningunha publicación galega actual". A súa irmá Ana María Alvajar relata nas súas memorias Soltando lastre (Ediciós do Castro) o tempo que compartiu con Amparo. De especial relevancia son as cartas recollidas no volume que tamén ela preparou, Notas sobre Amparo Alvajar, exiliada gallega (Ediciós do Castro). Lembraba Ana María que os irmáns Alvajar -Amparo, Javier, Ana María e Teresa- só se volveran atopar, despois de 1936, en París en 1955 con motivo do falecemento do seu pai, César Alvajar. Diciamos que a súa morte descubriu tamén un personaxe perturbador porque Amparo levaba xa tempo vivindo nunha casa en Monçao, xusto na fronteira que nunca máis quixo atravesar. En silencio, como foi a volta de tantos exiliados e exiliadas. O casarón escollido para pasar os seus últimos días era case infranqueable, segundo comentaba a súa irmá Ana María, que intentaba con forza manter o contacto con ela. Amparo, a muller que percorrera medio mundo, procuraba que a súa porta se mantivese sempre pechada.
Autor/a da biobibliografía: Carme Vidal
Extras de Amparo
Extracto de carta de Amparo Alvajar a súa irmá Ana María
Extracto de cartas de Amparo Alvajar a Rafael Dieste e Carme Muñoz
Carta manuscrita de Amparo Alvajar a Carmen Muñoz Manzano
Orde de la Lealtad a la República Española
Extras sobre Amparo
Ligazóns...
Bibliografía...
- ALVAJAR, A.M.ª, Notas sobre Amparo Alvajar, exiliada gallega, Sada (A Coruña), Ediciós do Castro, 2000.
- ALVAJAR, A.M.ª, Solando Lastre. Memorias, Sada (A Coruña), Ediciós do Castro, 2002
