culturagalega.org

Qué é o Álbum?

Mulleres e ciencia en Galicia


Mulleres e ciencia en Galicia
Desde o recoñecemento do ano 2007 como ano da Ciencia, o Álbum de Mulleres conta con este especial no que se aportan artigos, documentos e ligazóns que permiten unha aproximación histórica e actual ás transformacións ocorridas en torno ao lugar ocupado polas mulleres nas ciencias e prestando particular atención ao caso galego.

Novas achegas

As primeiras docentes de ciencias na Universidade de Santiago de Compostela
A incorporación das mulleres á docencia na Universidade de Santiago de Compostela é lenta e comeza a se producir a partir de 1930. Xoana Pintos Barral fai unha achega a esta realidade

Mulleres galegas e ciencia na rede formativa universitaria (primeiro terzo do século XX)
Só a partir do século XX as mulleres poderán acceder legalmente ao sistema universitario español. Ricardo Gurriarán, autor do estudo Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940), achéganos referencias das primeiras mulleres que acceden a estudos universitarios en Galicia.

Ciencia nuclear: as mulleres existen alén de Marie Sklodowska Curie
Mari Lires, Teresa Nuño e Uxío Pérez, investigadores da Universidade de Vigo, achégannos á historia da Ciencia do século XX amosando un panorama máis diverso e rico sobre a presenza das mulleres na investigación nuclear.


Documentos de interese

As mulleres na obra de Frei Martín Sarmiento 1695-1772 , SGI, 2002
Frai Martín Sarmiento (1695-1772) é un dos primeiros intelectuais galegos que defende explicitamente a igual capacidade das mulleres e dos homes para as ciencias e as artes. Presentamos catro epígrafes desta obra na que se analiza o pensamento deste frade a este respecto.
  • “Defensa das bruxas-menciñeiras”(p 44-48)
  • “Frei Martín Sarmiento fai visibles ás mulleres”
  • “Achegas das mulleres á ciencia e á técnica” (p 52-59)
  • “Sobre a educación científica de mulleres e homes” (p 59-60)
Discurso filosófico y económico sobre la capacidad o incapacidad natural de las mugeres para las ciencias y las artes
"Baixo ningún aspecto foi, nin é máis inxusto o home que na relación coa femia da súa especie", así comeza a disertación en defensa da muller Vicente do Seixo en 1801. Fonte: Sarmiento. Anuario galego da historia da educación , nº 3, p 273-295

"EN LA CIENCIA. Las mujeres sabias asustan a los hombres. Por eso les cierran las Universidades y las Academias"
Victoria Sau reflexiona sobre o lugar das mulleres na ciencia. Fonte: Vindicación Feminista , nº 13 (1 de xullo de 1977), p 54-59

“EN LA HISTORIA DE LA MEDICINA. Las mujeres fueron quemadas por brujas. Ahora se empieza a rendirles justicia.”
Alicia Fajardo recorda que un número importante de mulleres exerceron o arte de curar ao longo da historia Fonte: Vindicación Feminista , nº 13 (1 de xullo de 1977), p 60-64

“LAS MUJERES EN LA ACADEMIA. Los doctos misóginos ceden el asiento”
Antonina Rodrigo aporta datos sobre a presenza de mulleres nas academias españolas de belas artes, historia e lingua.
Fonte: Vindicación Feminista, nº 22 (1 de abril de 1978), p 57-63

“Ensinar ciencias, inculcar novos valores á luz da coeducación”
A educación debe combatir a crenza de que as mulleres están máis cualificadas para as letras que para as ciencias. Gloria Soneira e Mari Lires fan propostas para unha aprendizaxe non sexista.
Fonte: Andaina, revista galega de pensamento feminista, 2ª época, nº 10 (decembro 1994), p 27-31

“A ciencia como aliada”
“A ciencia como aliada” é o título do monográfico que a revista Festa da palabra silenciada adica a relación mulleres, ciencia e feminismo. Contén artigos de Carmen Adán, Mari A. Lires, Edual Carbonell, Avelino Muleiro e Mónica González, Festa da palabra silenciada. A ciencia como aliada, 2005, p 3-30

“Ciencia en Feminino”
Ciencia en feminino é o título do monográfico que a revista Andaina adica á relación mulleres, ciencia e feminismo. Contén artigos de Nuria Solano, María Dolores Rodriguez e Felicia Estévez Fonte: Andaina, revista galega de pensamento feminista , 2ª época, nº 18 (setembro 1997), p 25-37

Ligazóns de interese

“Defensa de las mujeres”. Discurso XVI do tomo primeiro da obra de Benito Jerónimo Feijoo.
Discurso XVI do tomo primeiro da obra de Benito Jerónimo Feijoo Teatro crítico universal . Entre outras cousas o frade fai referencia á capacidade das mulleres para o coñecemento científico e as artes. Ofrece ademais abondosos exemplos de mulleres adicadas a estas cuestións

Mujeres en la Historia de la Ciencia
Diccionario biográfico elaborado por Eulalia Pérez Sedeño

“Mulleres con ciencia na historia”
Comunicación de Manol@ R. Bermejo, Ana González-Noya, Rosa Pedrido, Mª José Romero, Lucía González-Louro, Carmen Romero, M. Inés García-Seijo, Isabel Fernández, Esther Gómez-Fórneas, Beatriz Fernández, Mª Jesús Rodríguez e María A. Lires. Recolledo un importante conxunto de materiais sobre mulleres con ciencia na Historia.

Las científicas y su historia en el aula
Libro de Mari Lires, Teresa Nuño Angós e Nuria Solsona Pairó publicado no 2003. Nesta dirección pódese descargar a reproducción do terceiro capítulo do libro

Guía de boas prácticas en ciencia e tecnoloxía
O Seminario Permanente de Educación para a Igualdade do SGI edita esta guía no ano 2006. Trátase de propostas didácticas que poden ser empregadas en diferentes niveles educativos e formativos

ÁLBUM DE MULLERES: CIENTÍFICAS
Inclue biobibliografías de mulleres implicadas na investigación científica. Coñéceas.

ÁLBUM DE MULLERES : Ligazóns de interese
Nas ligazóns de interese deste mesmo Álbum pódese acceder a referencias e biografías de mulleres relacionadas con actividades científicas

ÁLBUM DA CIENCIA: BIOGRAFÍAS