culturagalega.org

Qué é o Álbum?

Xohana Torres. A Dona dos Mapas


Xohana Torres. A Dona dos Mapas

Considerada como un dos nomes máis relevantes da literatura galega contemporánea e autora dun verso convertido en divisa da reivindicación feminista, “EU TAMÉN NAVEGAR”, a figura de Xohana Torres tende a ser recoñecida só no ámbito poético e narrativo, existindo porén un gran descoñecemento sobre outros traballos literarios e culturais da escritora que cumpría pór de relevo. A xornada “Xohana Torres. A dona dos mapas”, celebrada o día 29 de outubro de 2009 nas dependencias do CCG, propiciou novos enfoques arredor da súa obra poética, narrativa, teatral, investigadora, xornalística e no ámbito da literatura infantil e xuvenil, permitindo así resituar e documentar a súa relevancia creativa no contexto cultural desde os anos 50 até a actualidade.[Descarga aquí o díptico da xornada]

Presentación

Henrique Monteagudo Romero e María Xosé Agra Romero presentan unha xornada que se divide en tres sesións: científica, de documentación e memoria, e literaria.

H. Monteagudo e Mª X. Agra

Sesión científica

“ENTRAR NA SOMBRA.VULNERAR A NOITE”

Para propiciar novos enfoques arredor da obra de Xohana Torres en ámbitos como o poético, narrativo, teatral, e na literatura infantil e xuvenil, a xornada abriuse cunha sesión científica na que catro estudosas da súa obra presentaron novas achegas arredor dos parámetros xénero e nación na súa obra dramática, paisaxe e natureza na obra poética, o seu labor en tanto que precursora na literatura infantil e xuvenil e unha outra lectura da novela Adios María. Como pórtico a sesión científica abriuna a profesora Carmen Blanco cunha conferencia marco sobre a figura de Xohana Torres.

Discurso inaugural
María Xosé Agra Romero presenta a Carmen Blanco, quen co título “A nai navegante” fai o discurso inaugural da xornada. | Resumo discurso

Carmen Blanco esp_166_mesa_02.jpg


Relatorios e debate
Dolores Vilavedra fai a presentación das relatoras: Iolanda Ogando, Olga Novo, Montse Pena e Helena González.

Helena González, Olga Novo, Dolores Vilavedra, Iolanda Ogando, Montse Pena Dolores Vilavedra


Intervención de Iolanda Ogando co relatorio titulado “Proxectar a matria: nación e xénero no teatro de Xohana Torres”. | Resumo relatorio

Iolanda Ogando (I) Iolanda Ogando (II)


Intervención de Olga Novo co relatorio titulado “Entre sedentarismo ancestral e nomadismo mareiro: a paisaxe profunda de Xohana Torres”. | Resumo relatorio

Olga Novo (I) Olga Novo (II)


Intervención de Montse Pena Presas co relatorio titulado “Muller contra a marea. Xohana Torres precusora da literatura infantil galega”. | Resumo relatorio

Montse Pena Presas (I)


Intervención de Helena González co relatorio titulado “Lectura Comparada de Adiós María”. | Resumo relatorio

Helena González (I) Helena González (II)


Debate encol dos relatorios



Sesión de documentación e memoria:

“NON SABEDES DE MIN MÁIS QUE ISA ONDA”

Na procura de abrir novas canles de aproximación á figura de Xohana Torres en ámbitos como o radiofónico e o teatral, organizouse unha sesión de documentación e memoria que aportou novos datos e relatos sobre o seu papel como axente cultural no Ferrol dos anos 50, na súa relación co Grupo Teatro Estudio e en Vigo nos anos 70, como directora dun dos primeiros programas culturais de radio en galego, a emisión Raíz e Tempo. Ao tempo presentouse unha ampla compilación da documentación recollida na cartografía dedicada á escritora

Xohana Torres no Álbum de mulleres
Mariam Mariño Costales fai a presentación da cartografía de Xohana Torres (consultar)

Mariam Mariño Costales Mariam Mariño Costales


Xohana Torres, do Teatro Estudio de Ferrol á radio en La Voz de Vigo
Ana Romaní Blanco presenta e modera a conversa con Laura Pérez Landeira e Xoán Bernárdez Vilar.

Ana Romaní Xoán Bernárdez Vilar, Ana Romaní e Laura Pérez Landeira Xoán Bernárdez Vilar, Ana Romaní e Laura Pérez Landeira Xoán Bernárdez Vilar Laura Pérez Landeira


Sesión literaria:

“CLANDESTINA ABORDAXE, ONDA QUE ROMPE”

Pechouse a xornada cun recital poético enmarcado no verso que deu titulo a sesión e que foi suxerido como diálogo ás poetas participantes unidas todas pola súa relación con Xohana Torres

Lara Rozados fai a presentación dunha sesión na que as poetas María Xosé Queizán, Chus Pato, María do Cebreiro e Lupe Gómez conversan, cos seus versos, con Xohana Torres.

María do Cebreiro, Chus Pato, Lara Rozados, María Xosé Queizán e Lupe Gómez María do Cebreiro, Chus Pato, Lara Rozados, María Xosé Queizán e Lupe Gómez


María Xosé Queizán

María Xosé Queizán María Xosé Queizán


Chus Pato recita

Chus Pato Chus Pato


María do Cebreiro recita

María do Cebreiro María do Cebreiro


Lupe Gómez recita

Lupe Gómez Lupe Gómez



PECHE DA XORNADA

As coordinadoras da xornada Ana Romaní e Helena González no peche, fan un breve resumo do acontecido na xornada e presentan a audición de Xohana Torres recitando o seu poema “Penélope”.