Warning: include(): http:// wrapper is disabled in the server configuration by allow_url_include=0 in /var/www/html/cultura/html/album/mulleres_e_a_memoria_historica.php on line 47 Warning: include(http://www.culturagalega.org/cult_navg2.php): failed to open stream: no suitable wrapper could be found in /var/www/html/cultura/html/album/mulleres_e_a_memoria_historica.php on line 47 Warning: include(): Failed opening 'http://www.culturagalega.org/cult_navg2.php' for inclusion (include_path='.:/usr/share/pear:/usr/share/php') in /var/www/html/cultura/html/album/mulleres_e_a_memoria_historica.php on line 47
Álbum de mulleres | Inicio
Inicio / Mulleres e memoria /

Mulleres e memoria histórica
Inicio
Ligazóns de interese
Ambitos de ocupacion
Docente
Literario / Letras
Artístico
Acción político - social
Empresarial / Prof. Liberais
Médico / Sanitario
Medios de Comunicación
Doméstico
Xurídico
Político - Institucional
Investigación / Científico
Relixioso
Marítimo / Agrícola / Gandeiro
Deportivo
Agrícolas
Indice alfabético
Manuela Rey
abadesas de Sobrado de Trives
Syra Alonso
Amparo Alvajar
Francisca Álvarez
Ángeles Alvariño
Nicolasa Añón Paz
Antigas Galaicas
María Araújo
Concepción Arenal
Xela Arias
Carmen Arias ''Mimina''
As espontáneas de San Xoán de Río
As Marías: irmás Fandiño Ricart
Felicia Auber
María Balteira
María Barbeito
Rosa Bassave Roibal
Beatriz Benavides
Josefina Blanco Tejerina
Maruxa Boga
María Brey Mariño
Begoña Caamaño Rascado
María Cagiao
Emilia Calé
Juana Capdevielle
Sofía Casanova
María Casares
María Castaña
Placeres Castellanos
Pilar Castillo Sánchez
Inés de Castro
Constanza de Castro
Rosalía de Castro
Beatriz de Castro
Rosa María de Castro y Centurión
Concha Castroviejo
Micaela Chao Maciñeira
Colectivo Feminista Independente Galego (CFIG)
Elena Colmeiro
Carmen Cornes
Clara Corral Aller
María Corredoyra
Luisa Cuesta Gutiérrez
María Antonia Dans
As mulleres das Encrobas
Filomena Dato
María Dios
Emilia Docet
Ilduara Eriz
Exeria
Nieves Fariza Alonso
Belén Feliú
Rita Fernández Queimadelos
Antonia Ferrín Moreiras
Olga Gallego Domínguez
Olga Gallego Domínguez
Irene González
Corona González
Daría González García
Grupo Saudade
Francisca Herrera
Xosefa Iglesias Vilarelle
María Francisca de Isla y Losada
Ana Kiro
Hortensia Landeira Pontijas
Andrea López Chao
Rosa López Comunión
Rita Amparo López Jeán
Pura Lorenzana
Maruja Mallo
Marcela e Elisa
Kathleen March
María Mariño
Meigas
Urania Mella
Xulia Minguillón
María Miramontes
Anisia Miranda
Monxas de Ramirás
María Luz Morales
María Victoria Moreno
Francisca Morlán
Movemento Democrático de Mulleres en Galicia
Mulleres galegas na Residencia de Señoritas de Madrid
Mulleres na olería de Buño
María Muñoz de Quevedo
Carmen Muñoz Manzano
TEREIXA NAVAZA GONZÁLEZ
Pepa Noia
Mercedes Núñez
Antonia Ortiz
Enriqueta Otero
La Bella Otero
Ernestina Elena Otero Sestelo
María del Portal Panisse
Emilia Pardo Bazán
Pepa a Loba
María Antonia Pereira de Andrade
Narcisa Pérez Reoyo
María Pita
Rosa Pons i Fábregas
Jesusa Prado
Mary Quintero
Concepción Ramón Amat
María Reguera
M.ª Dolores del Río
Isabel Ríos
Mabel Rivera
Dolores Rodeiro Boado
Hildegart Rodríguez
María Aurea Rodríguez
Aurora Rodríguez Carballeira
Carme Rodríguez de Legísima
Mercedes Ruibal
Ángela Ruíz Robles
Concepción Sáiz Otero
María Antonina Sanjurjo Aranaz
Elvira Santiso García
Mulleres no Seminario de Estudos Galegos
María Soliña
Marisa Soto
María Tobío
Xohana Torres
Urraca l de León e Castela
Teresa Vaamonde Valencia
Olimpia Valencia
Avelina Valladares
Maria Valverde
Concha Vázquez
Pura Vázquez Iglesias
María Vázquez Suárez
Juana María de Vega Martínez
Engracia Vérez Puentes
Mercedes Vieito
Luísa Villalta
Maruxa Villanueva
Marisa Villardefrancos
María Vinyals
María Josefa Wonenburger Planells
Isabel de Zendal Gómez
Liña do tempo en PDF
8 de marzo
As letras das mulleres

Un proxecto de:

Consello da Cultura Galega
Comisión de Igualdade

¿Comentarios?
xenero@consellodacultura.org


Álbum de mulleres | Inicio
ESPECIAL
lapa
MULLERES E MEMORIA HISTÓRICA
Por Aurora Marco
cab
lapa    


As mulleres nas primeiras
décadas do século XX


imaxe
CONTIDO
punto Principios S XX
punto A etapa da República
punto A sublevación militar
punto Milicianas
punto Exilio
punto Represaliadas
punto Fuxidas
punto A guerrilla nos 40
------------------------
punto Ligazóns de interese
fin
No primeiro terzo do século XX e, sobre todo, a raíz da Primeira Guerra Mundial,  prodúcense certos avanzos a respeito da situación das mulleres na sociedade. Das ruínas da guerra xurdiu unha forza motriz para as féminas, igualadas politicamente aos homes nalgunhas sociedades novas. O recoñecimento destes dereitos percébese tamén en Galiza: desde 1918 abundan os mitins ou os artigos de prensa dalgúns galeguistas, como Porteiro Garea, Peña Novo, Vilar Ponte ou Corona González que, desde A Nosa Terra, defende a instrución e o traballo das mulleres que as conducirá á independencia, tras constatar a preocupación exclusiva dos pais, a quen vai dirixido o artigo “Para os pais que tein fillos” (1927), pola preparación dos varóns.
Eses tímidos avanzos maniféstanse nos medios de comunicación escritos, como reflexo da sociedade que son. A polémica suscitada nos medios xa non insistía tanto no posicionamento a favor ou en contra da educación e instrución das mulleres, como acontecía anos antes, porque as porcentaxes femininas nos centros de ensino ían en aumento, embora na Universidade de Santiago o proceso fose máis lento: foi no curso 1913-1914 cando se matricularon por primeira vez tres mulleres, dúas delas as irmás Elisa e Jimena Fernández de la Vega Lombán, que finalizaron os estudos de Medicina con brillante expediente. Nesta altura, e en publicacións de distinto signo, o debate plantexábase en volta doutros temas: o traballo remunerado, a adaptación das mulleres a certas profisións e a necesidade de ocupar postos de traballo en igualdade de condicións cos homes, para quen tradicionalmente estaban reservados.
Canto á participación das mulleres no ámbito político-sindical, houbo ao longo das dúas primeiras décadas do XX numerosas movilizacións populares en Betanzos, Ferrol, A Coruña, Noia, Nebra, Sofán… Galiza asistiu a experiencias moi interesantes do ponto de vista agrario-sindical, en que a participación das mulleres foi moi activa e masiva. Un dos conflitos que provocou as movilizacións das organizacións obreiras foi o incremento do prezo dos artigos de primeira necesidade, “a crise das subsistencias”, que sofreu a clase traballadora: sucesos como os de  Noia, novembro de 1910, polos abusivos impostos dos consumos e os duros enfrontamentos entre a Garda Civil e os amotinados que acarretaron a morte de Consuelo Queiro Gómez, de 16 anos; o acontecido en Nebra (Porto do Son) en outubro de 1916 pola negativa dos viciños e viciñas a pagar os arbitrios municipais extraordinarios que o Concello lles esixía para abonar as cotas atrasadas á Deputación e que causaron a morte a Generosa Vidal Cadórniga, Francisca Carou, Ramona Suárez Pouso e Rosa Cadórniga Maneiro, a consecuencia da desmedida intervención das forza da orde na Ponte de Cans; os sucesos de Guillarei (Pontevedra), en 1922, onde caeu vítima da Garda Civil Manuela Couso, por defender a abolición dos foros; os sucesos de Sobredo, 1922, onde morreu Cándida Rodríguez, de Pazos de Rei (Pontevedra), cando un xuíz e a Garda Civil querían embargar os bens dun viciño que non abonara os foros…
Nestas primeiras décadas fundáronse asociacións e sociedades de resistencia femininas, con abundante participación de mulleres, como a Asociación Benéfica Concepción Arenal, presidida por Carmen Chicarro en 1908; a Irmandade Feminina da Coruña, presidida por Josefa Vázquez en 1918; a “Sociedad de Socorros y Ahorro de las Porteras, Maestras y Operarias de la Fábrica de Tabacos de La Coruña”, con Josefa Carrera Aldao, Presidenta en varias directivas desde a súa constitución en 1899; a “Unión Tabacalera. Sociedad-Montepío de Obreras Cigarreras”da Coruña, con Ángela Collado como Presidenta en varios períodos; a “Sociedad Nueva Aurora”, de tendencia anarquista, con Rosario Vizoso como Presidenta en 1923, por citar algunhas.
[subir]

 


A etapa da República

Foi sobre todo na etapa da República cando as mulleres se incorporaron á loita política e sindical: pronunciaron discursos, como Mercedes do Campo, que interveu na III e IV Asamblea do PG, en 1934 e 1935, como representante do Grupo Feminino de Ourense; salientaron polas súas dotes oratorias, como Anunciación Casado Atanes, responsábel do PCE de Viana, Ourense, en 1936; foron candidatas a deputadas cando aínda non podían votar: Concepción Alfaya López, que concorreu ás eleizóns a Cortes Constituíntes en 1931, en representación do Partido Republicano Vigués, integrado na Alianza, e Amanda Rodríguez Guerra, sen filiación política coñecida, que se presentou nestes mesmos comicios pola circunscrición da Coruña. Outras foron colaboradoras de revistas ou semanarios políticos: Manuela Teresa del Río

Manuel Teresa del Rio Outeiral
Manuela Teresa del Rio Outeiral
amparo López Jean
Amparo López Jean
en La Lucha; Carmen Parada en La Hora; Josefina Eiras Rey en Solidaridad; María Luisa Castro, Dolores López, Sebastiana Vitales e Laura López en Solidaridad Obrera; Amalia Vergara en El Obrero de Ferrol; Mercedes do Campo e Carmen Lobeiras Pantín en A Nosa Terra.
Outras mulleres densenvolveron un importante labor como responsábeis dos órgaos de dirección de asociacións ou sindicatos femininos. É o caso de Amparo López Jean , republicana e galeguista, que ocupou os cargos de Secretaria e Presidenta de 1933 a 1936 na Agrupación Republicana Femenina da Coruña, e formou parte da Executiva do Partido Galeguista en calidade de Vogal en 1936; Elvira Bao Maceiras,
Elvira Bao Maceiras
Elvira Bao Maceiras
Dolores Blanco Montes
Dolores Blanco Montes
republicana e galeguista, que estivo ao cargo da Presidencia desta mesma Agrupación durante uns meses; Velia García de Patiño, Presidenta en 1932 do subcomité coruñés da “Liga Internacional de Mujeres Ibéricas e Hispano-Americanas y Cruzada de Mujeres Españolas”. Ou Olivia Calvar Lemos e Dolores Blanco Montes,

que ocuparon a Presidencia de “La Reivindicadora”, sindicato de tendencia anarquista que agrupou as mulleres da conserva e as atadoras de Adán, Cangas e Hío (Pontevedra), en 1935 e 1936 respectivamente; Consuelo Rabuñal Suárez, que estivo ao cargo da Presidencia durante varias épocas, tamén na republicana, do sindicato “Unión Tabacalera. Sociedad-Montepío de Obreras Cigarreras” da Coruña, de corte uxetista.
Porén, a presenza feminina disminuía considerabelmente, e tamén a importancia do cargo, cando se trataba de órgaos políticos ou sindicais mixtos: Trinidad Villalón, directiva da Agrupación Republicana Femenina da Coruña, foi elexida Vogal do Comité Local do Partido Radical-Socialista Independiente en xaneiro de 1934; Felicitas Longueira Germade foi Vogal do Comité Local Executivo de Unión Republicana de Abegondo en 1935; Florencia Marzoa Martínez ocupou o cargo de Secretaria da Xunta Directiva no “Sindicato de Trabajadores del Comercio” da Coruña como única muller entre nove homes na etapa da II República. Por lembrar algunhas.
Na verdade, a República, nun período tan breve de tempo, trouxo moitos cambios para as mulleres, nomeadamente en aspectos legais, á altura de países avanzados no que di respeito á igualdade entre homes e mulleres: dereito a voto e a seren elexidas como deputadas; divorcio; supresión do delito de adulterio aplicado só ás mulleres; coeducación; regulamentación do traballo feminino; incorporación a postos de traballo segundo mérito e capacidade, sen distinción de sexos; equiparación salarial cos homes.
[subir]

 

A sublevación militar

Cando se produciu a sublevación militar en 1936, centos de mulleres, comprometidas coa legalidade e cos valores cívicos e sociais que representaba a República, foron perseguidas, inhabilitadas, encarceradas, torturadas, violadas, fusiladas ou tiveron que partir cara o exilio, nunha viaxe, para algunhas, sen retorno, ou viviron un exilio interior. Durante anos, o silencio acompañou a todas estas vítimas da represión –e ás súas familias– nun exercicio de esquecimento absolutamente inxusto. Houbo resistentes que trataron sempre de defender a legalidade desde diferentes frontes, desde o medio rural ou urbano, con diferente compromiso, con diferente procedecencia social. Escreber, pronunciar o seu nome –o que non se nomea, non existe¬–, recuperar o seu pasado, embora sexa de forma fragmentaria, é unha forma de homenaxealas e, tamén, de contribuir a inscribilas na Historia que, durante moitos anos, só deu relevancia ao papel dos homes, esquecendo a capacidade das mulleres.
[subir]

 

Milicianas

As milicianas representaron unha nova imaxe, como máis tarde as guerrilleiras, tamén mitificadas en certa medida. Alentadas por un discurso igualitario, alistáronse en Batallóns organizados de forma voluntaria os primeiros días da guerra, aínda que por un decreto de outubro dese mesmo ano (1936), houberon de retirarse da fronte e pasaron a realizar tarefas auxiliares. Só unhas poucas continuaron na loita.
Algunhas mulleres uníronse ás Milicias galegas, fundadas e organizadas na fronte de Madrid nun Batallón, comisariado por Santiago Álvarez, que xurdiu a iniciativa da Fronte Popular Galega e singularmente de Castelao, de acordo co PCE. O Batallón das Milicias Galegas, converteuse no 4º Batallón da 1ª Brigada da 11ª División do 5º Corpo do Exército Popular. Cando as tropas dos sublevados atacaron Madrid en novembro de 1936, entre as forzas que lles fixeron frente, había mulleres. Apenas hai información das galegas. As que cita Santiago Alvarez en Las milicias populares gallegas, son Marciana Pimentel traballaba en Madrid no servizo doméstico na casa dun tenente coronel

Marciana Pimentel
Marciana Pimentel
do Exército que pasou ao bando franquista. Marciana ingresou nas Milicias e traballou na enfermaría. Despois pasou a traballar na rúa Lista onde había oficinas e un obradoiro de confección da 11ª División. Alí prestaba tamén os seus servizos a súa curmá Eduvigis, da que non hai máis noticias, nen tan sequer o apelido. Marciana marchou despois a un cuartel de Guadalajara e posteriomente regresou a Madrid. Ao finalizar a guerra, co home nun campo de concentración, fixo da súa casa un lugar de acollida para viciños e coñecidos que estaban á espera de poder regresar a Galiza.
Esperanza Rodríguez Gómez foi unha campesiña que ingresou nas Milicias Galegas e pasou ao citado Batallón. Foi das máis estoicas e valerosas combatentes. Por mérito de guerra, chegou a oficiala da 4ª Compañía, coa que participou desde Seseña e Villaverde en todas as grandes batallas. Tamén ingresou nas Milicias Paulina Rodríguez, natural de San Miguel, Vilamartín de Valdeorras (Ourense). Irmá de Eladio Rodríguez, tenente do Batallón Galicia na fronte de Asturias, creado a mediados de agosto do 36, e Capitán da 11ª División, fusilado en 1941. Outra miliciana galega, da que se descoñecen datos foi Florinda.
A máis coñecida é Enriqueta Otero Blanco, “A Pasionaria do Povo Galego”, “A Pasionaria lucense”. Cando estourou a Guerra Civil, achábase en Madrid exercendo o maxisterio. Incorporada como miliciana de cultura á defensa de Madrid en xaneiro de 1937, destinada na Serra de Guadarrama, integrouse na Primeira Brigada Móvil de Choque da 46º División. Alí abriu hospitais-escolas, encargouse da formación dos soldados na liña de batalla, creou lares para os soldados e, no aspecto militar, chegou á graduación de Comandanta. A segunda parte da guerra estivo entre Madrid e Levante. Cando, subida a un tanque, seguía arengando á poboación madrileña sobre a necesidade de resistir, foi detida e conducida ao cárcere onde estivo algo menos dun mes porque, a véspera da rendición da cidade, escapou a Lugo e refuxiouse na casa do párroco de Santa María a Nova. Posteriormemte iniciou a súa actividade como guerrilleira co (a) “María Dolores”.
[subir]

 

Exilio

Moitas galegas sofreron as consecuencias do seu compromiso político e tiveron que partir cara o exilio nunha viaxe, para moitas, sen retorno. Entre elas María Miramontes Matos,

María Miramontes
María Miramontes
galeguista, compañeira na vida e apoio firme de Ánxel Casal, alcalde de Santiago fusilado en 1936. Após o fusilamento do seu home, en novembro dese mesmo ano marchou a Buenos Aires desde Lisboa e alí permaneceu até a súa morte acontecida en 1964. Tamén Syra Alonso Bruffau, a compañeira intelectual do pintor Francisco Miguel, fusilado en setembro de 1936. Despois dunha profunda depresión e tras residir en Tordoia, A Coruña e Madrid, trasladouse cos tres fillos a México, o seu destino final, onde morreu en 1970. Isabel Ríos Lazcano,
Isabel Ríos Lazcano
Isabel Ríos Lazcano
organizadora co seu home, Manuel Calvelo, da primeira célula do PCE de Curtis en 1934, foi detida en agosto de 1936, despois de andar agachada varios días. Ferida de dous tiros de escopeta, foi levada ao Hospital de Santiago e despois ao cárcere. O seu home foi fusilado en decembro de 1936 e ela condenada a morte, pena conmutada pola de reclusión perpetua. Separada do servicio e con revisión de pena, durante sete anos estivo nos cárceres de Santiago, Saturrarán (Gupúzcoa) e Betanzos, de onde saíu en liberdade condicional en 1943. Malia estar constantemente vixiada, reanudou a colaboración co Partido Comunista e organizou unha rede de apoio aos guerrilleiros. En 1946 decidiu marchar a Arxentina, pola presión e vixianza a que estaba sometida. O seu regreso a España produciuse en 1975: reingresou no Ministerio de Facenda en 1977 e traballou algo máis dun ano até a súa xubilación. Morreu en 1997. Este tamén foi o caso de Amparo López Jean, que morreu no exilio en Montauban (Franza) en 1942; da súa filla, a tradutora, escritora e directora de teatro María del Amparo Alvajar López, desaparecida en 1998 no máis absoluto silencio en terras portuguesas, Monção, sen ter pisado terra galega; de María Valverde, cantante lírica compostelana que se estableceu en Uruguai en 1942; e da que chegaría a ser unha grande actriz de teatro e cinema en Franza,
Amparo Alvajar
Amparo Alvajar
María Casares
María Casares
María Casares Pérez, que só retornou do exilio para representar en 1976, tras a morte de Franco, El adefesio, de Alberti, mais sen pisar Galiza, e finou en París en 1996. Partira a Franza coa súa nai, Gloria Pérez Corrales,
Gloria Pérez
Gloria Pérez
en 1936, que morreu en París en 1946.
No exilio estivo Mercedes Núñez Targa (“Paquita Colomer”),
Mercedes Núñez
Mercedes Núñez
que participou na Resistencia francesa, despois de saír do cárcere de Ventas (Madrid), e logrou o grau de Sarxenta do exército dos “Francs Tireurs et Partisans de France”. Capturada en 1944, foi deportada ao campo de concentración de Ravensbrück, verdadeiro campo de exterminio. Tras a súa liberación un ano despois, residiu en Franza e en 1975 instalouse en Vigo onde morreu en 1986.
Exiliáronse, con carácter temporal ou definitivo, Ascensión Concheiro García, Elvira Fernández López (máis coñecida como Maruxa Seoane),
Maruxa Seoane
Maruxa Seoane
María Teresa Cuenca de Tejero, Elvira Durán, Antonina Fernández Armesto, Isabel Gómez Costas, Elvira Martín de Pubul, Elena Parga Gómez, Carmen Parga Parada, Emerenciana Patiño Hermida, Virginia Pereira Renda, María Victoria e Rosina Villaverde Otero, Ana Viéitez Gómez e a súa nai Carmen Gómez Martínez…e un longo etcétera que podería finalizar coas irmás Carmen e María Luisa Viqueira Landa, que aínda viven en México.
[subir]



Represaliadas


Non marchou para o exilio pero si sofreu represalias Brígida Muñiz Suárez,

Brígida Muñiz
Brígida Muñiz
da “Sociedade La Fraternidad” de Boiro. Unha labrega do lugar de Triñáns que, a partir de marzo de 1936, a raíz das eleizóns da Frente Popular, formou parte da corporación municipal de Boiro, como única muller, en represen
Dolores Blanco
Dolores Blanco
tación do Partido Socialista. Cando a sublevación, foi paseada por todo Boiro, coa cabeza rapada e as siglas UHP pintadas na fronte, embargáronlle as vacas e estivo detida arredor dun mes no concello.
 Sobreviviu a un paseo Dolores Blanco Montes, dirixente de La “Reivindicadora” de Cangas, detida en agosto de 1936. Ferida dun tiro nun brazo, fuxiu polos montes e, cando pudo, voltou á súa casa. Tempo despois volvérona prender e estivo na Escola Normal de Pontevedra, habilitada como cárcere, durante ano e medio. Xulgada en Consello de Guerra e condenada, estivo no Penal de Saturrarán (Guipúzcoa) até 1942. Despois desterrárona a 60 quilómetros de Cangas.

Peor destino agardaba a dúas mestras socialistas: Mercedes  Romero Abella, natural de Cee, en 1936 exercía o maxisterio en Monelos (A Coruña). Estaba casada co dirixente uxetista Francisco Mazariegos. Tras a súa detención, foi violada, torturada e fusilada na ponte da Castellana-Aranga (A Coruña) o 31 de agosto de 1936 cando estaba a ponto de marchar ao estranxeiro. Tiña na altura 23 anos. A María Vázquez Suárez, que exercía a docencia en Miño (A Coruña) en 1936, levárona á praia de Centroña, Pontedeume, e fusilárona o 19 de agosto de 1936, acusada de propagar o amor libre e do enterro laico da súa nai, entre outras acusacións. Anunciación Casado Atanes, militante do PCE

Amada García
Amada García
que adquiriu moita sona pola defensa que fixo do campesiñado e polas dotes oratorias e organizativas que posuía, foi obxecto dunha constante persecución. En mans dos falanxistas de Verín, foi ultraxada, rapada e asasinada en agosto de 1936. Tiña 38 anos.
A barbarie fascista empregouse a fondo coa mugardesa Amada García Rodríguez,

militante do PCE, encarcerada en Ferrol en 1937. Acusada de rebelión militar e en avanzado estado de xestación, deu a luz un neno e poucos días despois foi levada novamente desde o Hospital ao cárcere de mulleres de Ferrol. Trasladada co seu fillo ao Castelo de San Felipe de Ferrol, fusilárona en xaneiro de 1938. Tiña 27 anos.
[subir]

Fuxidas

O levantamento militar levou a moitos antifranquistas a refuxiárense no monte ou a agacharse en casas. Foi a etapa dos fuxidos, anterior á guerrilla organizada (década de 1940),  homes que trataron de esquivar o cárcere, o servizo militar e/ou os fusilamentos indiscriminados. A superviviencia e a subsistencia eran os obxectivos fundamentais dos entobados. Así como a presenza dos homes no monte foi moi numerosa, non acontece igual coas mulleres que salientaron, sobre todo, no labor de acollida e axuda aos que andaban escapados, e teceron unha rede de solidariedade fundamental para a súa superviviencia. Porén, hai constancia dalgunhas que sí andiveron fuxidas, como María Quiroga, da Terra de Valdeorras (Ourense), que foi perseguida polas súas ideas e, após o levantamento militar de 1936 e a toma da comarca polos sublevados, escapou para o monte e uniuse a un grupo de fuxidos da zona que marcharon a Asturias. Tras vinteún días de fatigas e incertidume, o grupo chegou a Xixón. Cando se produciu a caída de Asturias, María Quiroga logrou chegar a Franza en barco e alí se estableceu. Tamén se botaron ao monte Rosa Alonso Prieto de Bande (Ourense), Dolores Molde de Rubiá (Ourense), Lola Viéitez, militante comunista de Riomao, na comarca de Vigo, entre outras.
Houbo moitas militantes da solidariedade que axudaron a concelleiros republicanos, a homes significados da esquerda, a responsábeis de centros, asociacións, de organizacións sindicais, persoas comprometidas coa República, en definitiva.
Nesta actividade, cumpre mencionar a Antonia de la Torre Martínez, unha mestra que exerceu en Fruime, Lousame (A Coruña) desde 1916 a 1964 ininterrompidamente. Ela, xunto co crego de San Martiño de Fruime, Xosé Quintillán (houbo algunhas excepcións na igrexa), e o médico das minas de San Finx, Teo Hidalgo, axudou na posguerra aos fuxidos: dáballes acobillo nunhas dependencias que había ao lado da casa-escola, onde estaba o cobertizo dos coellos e máis o galiñeiro. Era un lugar moi axeitado para que entrasen alí pola noite porque a casa estaba situada ao final daquela pequena aldea, ao lado dunha corredoira que levaba a outra aldea. Outras veces agachábanse no Casal de Mouros do Monte Castelo, e a mestra enviáballes roupa, notas, comida a través dun “correo”, Blanca Rodríguez Vicente, natural de Leiro (Rianxo) que vive desde moi nova no lugar de Ces e ten na actualidade 84 anos. Blanca ía ao batume por aquela zona e metía todo nun saco, entre o fouciño e as cordas, ben disimulado. Entendíase moi ben con Antonia de la Torre e, por outra parte, sabía ben o que facía: na súa casa de Leiro, o avó tiña xente agachada nun palleiro e polas noites levábaa dun lado a outro nunha barquiña.
En Maxide, lugar do concello de Lousame, a casa da familia formada por Manuel Alborés Fernández, concelleiro de Lousame en 1931, e por Teresa Martínez Nimo, nai de sete fillos, foi ponto de apoio de moitos fuxidos. Chegou a haber dezasete agachados mais houbo dous de Boiro que permaneceron moito tempo: Felipe “O Chono”, e, sobre todo, Benito Segade, concelleiro polo Partido Galeguista en 1936. Tras saír do cárcere en Santiago, onde foi inmortalizado nun debuxo de Camilo Díaz Baliño, permaneceu nesta casa de Maxide varios anos.
[subir]

A guerrilla antifranquista dos anos 40

Para as mulleres que pertenceron a este movimento, durante anos só houbo silencio, esquecimento, incomprensión, e non só na longa ditadura franquista. Ao que hai que engadir a tortura moral que supuxo o feito de facelas pasar non só como bandoleiras, a raíz da promulgación daquel Decreto-Lei sobre Bandidaxe e Terrorismo (1947), senón como as queridas, as amantes dos guerrilleiros. Foi o 17 de maio de 2001 cando se aprobou por unanimidade no Congreso a moción que instaba a rehabilitar os guerrilleiros e guerrilleiras antifranquistas e eliminar dos arquivos o calificativo de bandoleiros e malfeitores. O que aínda non se produciu.

Da importancia da participación feminina na guerrilla teñen falado os seus compañeiros de loita: Francisco Rey Balbís, Moncho, respondía a Neira Vilas, segundo recolle no seu libro  Guerrilleiros, que as mulleres galegas tiveron unha presenza moi activa na guerrilla e a elas se debe, en boa medida, a sobrevivencia do movimento. Da mesma opinión participa Francisco Martínez López, “Quico”, autor de Guerrilleiro contra Franco, que manifesta seren as mulleres a columna vertebral do movimento guerrilleiro.
Unhas actuaron como enlaces e colaboradoras, “guerrilleiras da chaira”,  en numerosas aldeas e vilas de Galiza (este foi un movimento de base fundamentalmente popular), outras como integrantes activas de destacamentos ou agrupacións da Federación de Guerrillas León-Galiza (fundada en 1942) ou do Exército Guerrilleiro de Galiza (1944), guerrilleiras do monte, que sabían manexar armas, obviamente, e participaron en combates coa Garda Civil. Excepción feita de Enriqueta Otero Blanco, “María Dolores”, ben coñecida, e de Manuela Sánchez, cuxa xesta heroica foi lembrada por Lorenzo Varela no poema “Pomba, ponla, mai, señora” do libro Lonxe (1954) e por Luís Seoane nunha audición radial de Galicia Emigrante en 1958, non hai como no caso dos guerrilleiros monografías, traballos específicos sobre elas, por ese exercicio de ocultamento, ben coñecido, que excluíu ás mulleres da historia. E hai un baleiro informativo abondo sorprendente.
 Algunhas morreron en combate: Celia González Pernas, Josefa Escourido Cobo, Carmen Temprano Salorio, Antonia Díaz Pérez. Outras, despois de actuar de enlaces, de pasar por varios cárceres e de sufrir vixianza constante, uníronse  aos compañeiros da Federación de Guerrillas e estiveron nos vales de Casaio, na Cidade da Selva: son as irmás Consuelo e Antonia Rodríguez López, do lugar de Soulecín (Barco de Valdeorras),  cuxa familia se entregou por completo á resistencia. Cos pais asasinados en 1939 e catro irmáns que caeron na guerrilla, partiron para Franza a finais da década dos 40 e alí viven.
Clementina, Josefina e María de los Remedios Gallego Abeledo, naturais de Mugardos (A Coruña), colaboraron co Exército Guerrilleiro de Galiza, primeiramente como enlaces e, as dúas últimas como guerrilleiras con fusil. Clementina e Josefina estiveron no cárcere e posteriormente marcharon a Franza onde viviron desde a década dos cincuenta até pouco antes da súa morte, acontecida xa en Galiza nos primeiros anos do século XXI. María de los Remedios, “Lina”, atravesou os Pirineus en 1950 co seu compañeiro Moncho e morreu en 1962 tras penosa enfermidade. Foi unha guerrilleira moi destacada que chegou a Comisaria Política do Destacamento “A Pasionaria” da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro.

Máis numerosa foi a participación das galegas en labores de enlace. O seu foi un traballo verdadeiramente arriscado e moitas estiveron presas, foron obxecto da máis cruel represión ou entregaron a vida por esta causa: Petra Centeno, Oliva López Centeno, Luisa López Centeno, Carmen Jérez Rodríguez, Carmen Rodríguez Nogueira, Gloria Nogueira, Gloria Blanco Diéguez e a filla Gloria Blanco Blanco, as irmáns Carmen e Xosefa Eive Vilar, Olimpia Barcia,  María Abeledo Lourido, Carmen Filgueiras Vázquez… Entre elas, o caso sobrecolledor de Carmen Jérez Rodríguez, natural da Fervenza (Vilamartín de Valdeorras), pertencente a unha familia marcada pola represión. En 1944 estivo presa en Ourense por colaborar cos guerrilleiros, despois do combate que tivo lugar nesta aldea onde resultou morto un fuxido, Manuel Rodríguez Rodríguez. Era a compañeira de Abelardo Macías, “Liebre”, un guerrilleiro do Bierzo da Federación de Guerrillas León-Galiza. En xullo de 1946 levárona a Rúa-Petín, onde estivo retida dous meses, e despois a Ponferrada. Dez meses despois, en maio de 1947 apareceu o seu cadáver en avanzado estado de xestación nunha cuneta de Montearenas, perto de Ponferrada, un lugar onde foran executados e sepultados moitos republicanos.

Con todas estas mulleres, milicianas, exiliadas, fuxidas, militantes da solidariedade, guerrilleiras, represaliadas en xeral, temos unha débeda histórica: recuperar o seu pasado, a súa traxectoria,  evitar lagoas, contribuirá á  inscrición das súas vidas nesa historia da que fica moito por facer. A través da recuperación da memoria e valorando os espazos ocupados por elas, do que se trata é de visibilizalas e de afirmar e reivindicar un recoñecimento social para encher as páxinas en branco desa Historia.  Un berro para espertar a desmemoria, que non é boa compañeira de viaxe.
[subir]

 

Ligazóns de interese

Presentación de Memorial da liberdade. Exposición do Auditorio de Galicia atá o 31 de xaneiro

“Las depuraciones políticas en la escuela normal nº 2 de Madrid desde el inicio de la guerra civil hasta los albores del régimen franquista”. Artigo de Rosario Morata Sebastián

“La FAI en Galicia”. Artigo de Eliseo Fernandez Fernandez

Presentación do nº45 da revista Andaina. Revista galega de pensamento feminista na Fundación Granell. O número está dedicado especialmente á memoria histórica, cunha homenaxe a todas as que loitaron

Listado do profesorado de Galicia morto polos sucesos da Guerra Civil de 1936

“Enriqueta Otero Blanco”. Artigo de Luis López Pombo

Biografía de Enriqueta Otero Blanco

[subir]

 

Untitled Document
 

Información
Arquivo
Eventos
Especiais
Temas do dia
Zona Cultura
Fin de Semana
Axenda
Certames
Biblioteca
Zona Rss
Soportais
LG3 - Literatura
RCG - Audio
AVG - Cine
BD - Banda Deseñada
Interactividade
Propostas de temas
Boletins
Enviar actos
Enviar certames

Correo da redacción
Mapa do Sitio
Axuda
Nós
O equipo do portal


Consello da Cultura Galega. (www.consellodacultura.org)
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Contacto: Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org