Inicio
Ambitos de ocupación
- Literario / Letras
- Acción político - social
- Medios de Comunicación
- Arte e Historia
- Empresarial / Prof. Liberais
- Doméstico
- Artístico
- Político - Institucional
- Docente
- Investigación / Científico
Indice alfabético
- Juan R. Álvarez
- Waldo Álvarez Insua
- Ángeles Alvariño
- Isidoro Araujo de Lira
- Carmen Arias López
- Ramón Armada Teixeiro
- Bernardo Barreiro de Vázquez
- Leopoldo Basa Villadefrancos
- Hortensia Blanch Pita
- José Blanco Amor
- Gumersindo Busto Villanueva
- Jesús Canabal Fuentes
- José María Cao Luaces
- José Castro González (Chané)
- César Cisneros Luces
- Ricardo Conde Salgado
- José Costa Figueiras
- Antonio Couzo García
- Manuel Curros Enríquez
- Juana de Ibarbourou
- Patricio Delgado Luaces
- Manuel Dopazo Gontade
- Elsa Fernández
- José Fontenla Leal
- Leoncio Gandós
- Casimiro Gómez Cobas
- Ramón González
- Fernando Iglesias (Tacholas)
- Ángel Lázaro Machado
- Calixto Loira Cardoso
- José López Rodríguez (Pote)
- Manuel Magariños
- Manuel Manzanares
- Juan Vicente Martínez Quelle
- Carlos Montenegro Rodríguez
- Alfredo Nan de Allariz
- Lino Novás Calvo
- Adelardo Novo Brocas
- Eduardo Núñez Sarmiento
- Luis Otero Pimentel
- Nicasio Pajares Ojeros
- Laureano Rodríguez
- Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
- Juana Rouco Buela
- José Ruibal Nieto
- Xesús San Luís Romero
- Francisco San Román
- Severino Trinquete Solloso
- Manuel Vázquez Castro
- Fidel Villasuso Espiñeira
Fernando Iglesias (Tacholas)
O actor da Galiza emigrante
Fernando Iglesias, coñecido polo alcume de Tacholas, foi un dos principais actores galegos do século XX que, como corresponde a un país de emigrantes, desenvolveu a súa vida artística na emigración arxentina. No país austral converteuse nunha grande figura do teatro e participou en numerosas películas.
Fernando Luis Iglesias Sánchez naceu en Ourense o 25 de agosto de 1909. A súa admiración polo cine é temperá. O seu padriño, Julio Losada, era administrador do Cine Teatro Apolo, o que lle permitía asistir de balde ás sesións cinematográficas. Estudou no Colexio dos Maristas de Ourense. As súas inclinacións cara ao canto levárono a pertencer a diversas entidades corais, en especial a Coral Ruada. Sería neste coro onde se espertarían as súas inclinacións artísticas.
En 1929, como tantos outros galegos, Fernando Iglesias segue o camiño da emigración. Diríxise á Arxentina, nación na que xa residían seus pais e súas irmás. En Bos Aires, ao tempo que traballaba nun obradoiro de fotografía e noutros empregos, integrouse na actividade cultural das sociedades galegas, en especial da Unión Provincial Oresana, da cal seu pai era tesoureiro.
En 1932 comeza a actuar na radio convidado por Manuel Núñez Búa. As audicións radiofónicas supuxeron un grande salto para Fernández Iglesias, que axiña comezou a se facer famoso entre a colectividade galega. Nesta época ten tamén orixe o nome polo que sería coñecido: Tacholas. Durante a guerra civil, participou en festivais dedicados a recadar fondos para axudar á causa republicana.
Tras o remate da guerra civil Tacholas continuou co seu intenso labor cultural. En 1941 funda con Maruxa Boga a Compañía de Comedias Galegas Boga-Tacholas que, xunto coa Compañía de Maruxa Villanueva, converteuse na principal dinamizadora do teatro galego en Bos Aires. Neste senso, temos que afirmar que Tacholas participou na montaxe teatral de Os vellos non deben de namorarse, a peza teatral que Castelao estreou en Bos Aires o 14 de agosto de 1941, no Teatro Mayo. Tacholas representou á Morte no primeiro lance e a Don Ramonciño no segundo.
En 1945 funda tamén con Maruxa Boga e Alfredo Aróstegui a audición radiofónica “Recordando a Galicia”, programa baseado nunha idea orixinal de Castelao. Ao mesmo tempo, Tacholas converteuse nun personaxe asiduo aos festivais e celebracións da colectividade galega. En 1953 inaugurou un novo programa radiofónico: “La Voz de Galicia”.
Certamente, Tacholas tamén tivo unha destacada participación tanto no teatro coma no cine arxentinos. Neste senso, non podemos deixar de mencionar o feito de que Tacholas sempre se negou a interpretar papeis que ridiculizaran aos galegos. A finais dos anos cincuenta comeza a traballar no cine arxentino e intégrase en diversas compañías teatrais. En 1970 integrouse nos elencos do Teatro Municipal “General San Martín”, levando a cabo tamén numerosas xiras polo interior do país e polo estranxeiro.
Estivo fondamente integrado na colectividade emigrada galega. Así foi membro das seguintes entidades: A Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas (AGUEA), Asociación Argentina de Actores, Centro Coruñés, Casa de Galicia, Centro Gallego de Bos Aires, Centro Ourensán (do que foi vogal da comisión de cultura), Hogar Gallego para Ancianos (foi membro da súa directiva), a Irmandade Galega e a Sociedad General de Autores de la Argentina.
Morreu en Bos Aires o 14 de maio de 1991.
Autor/a da biobibliografía:
OCUPACIÓN...
Artístico
