Inicio
Ambitos de ocupación
- Literario / Letras
- Acción político - social
- Medios de Comunicación
- Arte e Historia
- Empresarial / Prof. Liberais
- Doméstico
- Artístico
- Político - Institucional
- Docente
- Investigación / Científico
Indice alfabético
- Juan R. Álvarez
- Waldo Álvarez Insua
- Ángeles Alvariño
- Isidoro Araujo de Lira
- Carmen Arias López
- Ramón Armada Teixeiro
- Bernardo Barreiro de Vázquez
- Leopoldo Basa Villadefrancos
- Hortensia Blanch Pita
- José Blanco Amor
- Gumersindo Busto Villanueva
- Jesús Canabal Fuentes
- José María Cao Luaces
- José Castro González (Chané)
- César Cisneros Luces
- Ricardo Conde Salgado
- José Costa Figueiras
- Antonio Couzo García
- Manuel Curros Enríquez
- Juana de Ibarbourou
- Patricio Delgado Luaces
- Manuel Dopazo Gontade
- Elsa Fernández
- José Fontenla Leal
- Leoncio Gandós
- Casimiro Gómez Cobas
- Ramón González
- Fernando Iglesias (Tacholas)
- Ángel Lázaro Machado
- Calixto Loira Cardoso
- José López Rodríguez (Pote)
- Manuel Magariños
- Manuel Manzanares
- Juan Vicente Martínez Quelle
- Carlos Montenegro Rodríguez
- Alfredo Nan de Allariz
- Lino Novás Calvo
- Adelardo Novo Brocas
- Eduardo Núñez Sarmiento
- Luis Otero Pimentel
- Nicasio Pajares Ojeros
- Laureano Rodríguez
- Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
- Juana Rouco Buela
- José Ruibal Nieto
- Xesús San Luís Romero
- Francisco San Román
- Severino Trinquete Solloso
- Manuel Vázquez Castro
- Fidel Villasuso Espiñeira
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Da Galiza emigrada á Galiza exiliada
Na vida de Castelao, tan polifacética, non podía faltar a emigración e o exilio. De feito, a súa infancia viuse marcada pola emigración e os últimos anos transcorreron no exilio bonaerense, esa sorte de Galiza ideal.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao naceu en Rianxo o 30 de xaneiro de 1886. Fillo de Mariano Rodríguez Dios e de Joaquina Castro Genme. No mesmo ano do seu nacemento o pai emigrou á Arxentina, quedando o neno ao coidado da nai e dos avos maternos. En 1895, na compaña de súa nai, Castelao emigrou á Arxentina para se reunir con seu pai, instalado cun almacén de comercio (pulpería) na Pampa. Esta primeira estadía arxentina duraría de 1895 a 1900. A presenza da emigración na infancia de Castelao reflectiuse na súa obra, un exemplo son os relatos “O segredo” e “O inglés” incluído no seu libro Retrincos (1934).
Tras regresar a Galicia, entre 1900 e 1903 cursou o Bacharelato e o preparatorio de Medicina en Santiago de Compostela. Entre 1903 e 1909 estudou a carreira de Medicina. Por esta época comezou a súa actividade artística, vencellado sobre todo á caricatura. En 1908 e 1909 participou no II e III Salón de Humoristas en Madrid. Castelao deseñou as cubertas dos primeiros números de Vida Gallega, publicación que comezou a se editar en 1909. Tamén deseñou algunhas capas de libros, caso de Princesa del amor hermoso de Sofía Casanova. En 1909 presentou un óleo na "Exposición Regional Gallega" que foi premiado cunha medalla de ouro.
En 1910 instalouse en Madrid co obxectivo de realizar o doutoramento, labor que non realizaría. Na capital do Estado continuou ilustrando libros e colaborando en varias publicaciós. En 1911, de volta en Rianxo, comezou a editar o xornal El Barbero Municipal, órgano do bando conservador-maurista que en Rianxo encabezaba seu pai. Outros inspiradores desta periódico foron Eduardo Dieste e Ramón Rey Baltar. En 1912 casou con Virginia Pereira, natural da Estrada. Tamén en 1912 vencéllase ao movemento agrarista Acción Gallega liderado por Basilio Álvarez. Do mesmo xeito, neste mesmo ano realizou a súa primeira exposición individual en Ourense, á que seguiría outra mostra no Salón Iturrioz de Madrid. En 1913 ditou a súa primeira conferencia sobre a caricatura no balneario de Mondariz.
O vencello de Castelao co mundo da emigración manteríase a través da súa colaboración coa prensa de Bos Aires, colaborou con La Semana Universal (1912) e con Suevia (1916). En 1917, xa instalado en Pontevedra, adhírese ás Irmandades da Fala e comeza a colaborar con A Nosa Terra. Castelao participou nas sucesivas asembleas nacionalistas. En 1918 aprobou en Madrid unhas oposicións ao corpo técnico do Instituto Geográfico e Estadístico. Nese mesmo ano comezou a colaborar con El Sol de Madrid. En 1920 inaugurou na Coruña a primeira exposición do Album Nós. En 1921, pensionao pola Junta de Ampliación de Estudios, realizou unha viaxe por Francia, Bélxica e Alemaña.
En 1922 publicou na colección Céltiga a súa novala curta Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete. En 1926 publicou a primeiro libro de Cousas. En 1929, novamente pensionado pola Junta de Ampliación de Estudios, viaxou a Bretaña. Coa proclamación da II República en 1931, Castelao foi elixido deputado nas candidaturas da Federación Republicana Gallega. En 1934 publicou a sua novela Os dous de sempre. Neste ano ingresou na Real Academia Galega. O goberno de dereitas destérrao a Badaxoz. En 1936 foi novamente elixido deputado dentro das candidaturas da Fronte Popular. A sublevación militar sorpréndeo en Madrid, a onde acudira para facer entrega do Estatuto galego ás Cortes. En 1937 publicou en Valencia os álbumes de guerra Galicia Mártir e Atila en Galicia. En 1938 realizou unha viaxe de propaganda á URSS, viaxando máis tarde a Estados Unidos e Cuba. Durante a súa presenza na illa caribeña, Castelao participou activamente nas eleccións do Centro Gallego da Habana. Así, a súa participación foi decisiva para que a candidatura republicana de Hermandad Gallega se impuxese sobre a candidatra valedora dos sublevados franquistas. En Nova York publicou o seu álbum Milicianos.
A derrota republicana condenouno ao exilio, asentándose en Nova York. En 1950 acadou viaxar a Bos Aires. En 1941 estreou na capital arxentina a súa peza teatral Os vellos non deben de namorarse. En novembro de 1944 constitúse en Montevideo o Consello de Galiza, que tivo a Castelao como primeiro presidente. En 1945 participou na reunión das Cortes da República en México. En 1946 Castelao foi nomeado ministro do Goberno encabezado por José Giral, do cal sairía ao ano seguinte por mor dos enfrontamentos entre as faccións republicanas.
Algunhas das obras publicadas por Castelao en Bos Aires foron: Cincuenta hombres por dos pesos (Bos Aires: Emecé, 1940); Sempre en Galiza (Bos Aires: Edicións As Burgas, 1944) ou As cruces de pedra na Galiza (Bos Aires, Nós, 1949). Por outra parte, Castelao continuou en Bos Aires co seu labor de ilustrador de libros. Faleceu en Bos Aires o 7 de xaneiro de 1950.
Autor/a da biobibliografía:
OCUPACIÓN...
Artístico Literario / Letras Político - InstitucionalExtras de Alfonso Daniel






Multimedia...
Cándido Pazó en "Contos de Castelao" unha publicación do Arquivo Sonoro de Galicia Santiago Prego en "Contos de Castelao" unha publicación do Arquivo Sonoro de Galicia Avelino González en "Contos de Castelao" unha publicación do Arquivo Sonoro de Galicia Arquivo da palabra: Afonso D. Rodríguez CastelaoAfonso D. Rodríguez Castelao. Mensaxe gravada en fonopostal na Central de Correos de Bos Aires, co gallo da estrea de Os vellos non deben de namorarse, no Teatro Solís de Montevideo o 8 de outubro de 1941.




