Arquivo de Temas do Día
Máis en:
Noticias

Especiais

Eventos

Fin de semana

Navegación

Zapping

Biblioteca
Do 1 ó 10 de aproximadamente 1295 1 2 3 4 5 6 7 Seguinte  
seccións
Arte
212
  Ciencia e Tecnoloxía
45
  Comunicación
40
 
Espectáculos
203
  Historia
100
  Lingua
33
 
Literatura
95
  Medio Ambiente
62
  Música
80
 
Sociedade
368
 

8 de maio de 2008
A maior broma das nosas letras
Para alén dos seus múltiples méritos, Xosé María Álvarez Blázquez, homenaxeado este ano co Día das Letras Galegas, ben podía pasar a historia coma autor da maior broma que viu a nosa cultura. En 1953 este editor e investigador tiraba á luz un achado que revolucionaba as bases da nosa literatura medieval. O “Cancioneiro de Monfero”, unha escolma de cantigas única. Ata que, pouco tempo despois, descubriuse publicamente que todo fora invención do suposto descubridor.

7 de maio de 2008
Fracturación de cine
Os profesionais e empresarios do audiovisual consideran que a política seguida desde a administración non está unificada. Primeiro foi o tempo que se tardou en nomear ao director do CGAI, despois a duplicidade de liñas de axudas, máis tarde a guerra dos sitios web con catálogo incluído, pero a gota que rebordou o vaso foi a publicación de datos macroeconómicos a nivel estatal que apuntaban a un receso. Foi entón cando o sector dixo basta.

6 de maio de 2008
Editar os editores
Quizais unha das eivas que con máis frecuencia se lle apón ao mundo editorial galego é a existencia dun alto número de empresas que actúan cunha visión pouco empresarial do negocio. A xestión de dereitos, os problemas da internacionalización ou a optimización do propio proceso editorial son algunhas das eivas que detectan os membros do propio sector. De cara a paliar isto están a se abordar nos últimos anos distintas apostas pola formación, un camiño imprescindible para garantir a supervivencia da nosa cultura impresa.

5 de maio de 2008
Chega a arteterapia
A arte é moito máis que lecer. Pode ser unha potente ferramenta de socialización, así como un mecanismo didáctico para chegar a colectivos con discapacidades. Sobre esta potencialidade falaron expertos e creadores no congreso “A arte como inclusión social”. Unha actividade organizada polo Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa, que conta cun amplo programa dedicado a arte como terapia.

30 de abril de 2008
A hora oral
Falar en público, gravarse, escoitar contacontos, recuperar historias dos nosos maiores ou potenciar o recoñecemento do patrimonio inmaterial. Sexan certames, espectáculos, cursos ou webs, cada vez son máis as propostas que teñen como protagonista a fala. Dun xeito ou doutro, a vertente oral da nosa lingua está a conseguir nos últimos anos un protagonismo destacado. Analizamos o proceso.

29 de abril de 2008
Os problemas de chegar ao público (e III)
A todo o cine que se produce en Galicia non se lle pode colgar a etiqueta de comercial. Canda eses títulos hai algún productos, que teñen un selo máis personal e que están máis próximos á etiqueta “cine de autor”. Xavier Bermúdez e Mario Iglesias son dous expoñentes deste tipo de traballos que tamén teñen os seus problemas por chegar ás salas.

28 de abril de 2008
O libro da revolución
Hai dez anos comezaba a presencia en Galicia do álbum ilustrado. Este formato ata o de entón case descoñecido na nosa industria editorial supuxo un auténtico revulsivo e lanzou á sona internacional ilustradores, autores e editoras do noso país. Analizamos, da man de Xosé Antón Neira Cruz, a historia e as posibilidades deste tipo de obras.

24 de abril de 2008
Aprender as táboas
Alén do que acontece sobre as táboas, o feito teatral posúe unhas implicacións sociais importantes. Á incidencia dos propios colectivos escénicos, tanto profesionais coma afeccionados, súmanse as posibilidades educativas e de integración social desta arte. Novas propostas que se están a xerar no noso país prometen multiplicar a presenza educativa das táboas.

21 de abril de 2008
O medio da cidade
Non cómpre saír da cidade para coñecer mellor e polo miúdo o noso medio. A pouco que se saiba observar, o contorno inmediato pode achegar importantes leccións sobre os ecosistemas e a nosa influencia nos mesmos. En Ferrol téñeno claro e desde hai seis anos contan un aula de ecoloxía urbana que incide nestas cuestións para o máis pequenos.

17 de abril de 2008
ABC BD : Manual Básico de Banda Deseñada
A relativamente ampla relación de autores, editoras, títulos ou webs dificultan o se facer unha idea sistemática do medio, cando menos en Galicia. Aproveitando a inauguración en Barcelona do Saló do Cómic, o maior evento do Estado sobre banda deseñada, no que haberá unha destacada presenza galega, en culturagalega.org amosámosche o ABC da BD galega, un documento co que poderás porte ao día de quen fai qué e onde podes atopar recursos encol desta arte.


1 2 3 4 5 6 7 Seguinte



Información
Noticias
Eventos
Especiais
Temas do dia
Zona Cultura
Fin de Semana
Axenda
Certames
Biblioteca
Zona Rss
Soportais
LG3 - Literatura
MeGA - Música
AVG - Cine
BD - Banda Deseñada
Interactividade
Lista de desexos
Propostas de temas
Boletins
Enviar actos
Enviar certames

Correo da redacción
Mapa do Sitio
Axuda
Nós
O equipo do portal
Aviso legal
Licenza de uso
 

Consello da Cultura Galega. (www.consellodacultura.org)
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Contacto: Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org