Arquivo de Noticias e Temas do día
Máis en:
Noticias

Especiais

Eventos

Fin de semana

Navegación

Zapping

Biblioteca
Do 1 ó 10 de aproximadamente 11636 1 2 3 4 5 6 7 Seguinte  
seccións
Arte
1484
  Ciencia e Tecnoloxía
273
  Comunicación
208
 
Espectáculos
2208
  Historia
572
  Lingua
579
 
Literatura
1322
  Medio Ambiente
419
  Música
881
 
Sociedade
2900
 

9 de maio de 2008
Cento noventa equipos de normalización dimitirán se non se aplica o decreto de galeguización do ensino
A Mesa pola Normalización, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e mais o sindicato CIG-Ensino presentaron onte un escrito no que demandaban o cumprimento do decreto de galeguización do ensino. Neste texto, ademais, anunciaban que 190 equipos de normalización de diferentes centros dimitirán se non se aplica esta norma. Estes colectivos reclaman accións formativas para os profesores e mais material didáctico na nosa lingua entre outras medidas.

9 de maio de 2008
A mancomunidade de montes de Borreiros rehabilita un castro nos seus terreos
Desde hai un mes e medio están a se desenvolver o traballos de rehabilitación e de escavación do castro de Borreiros, en Gondomar. A mancomunidade de montes onde se atopan os restos é a responsable do proxecto, para o que obtivo un subsidio de 170.000 euros da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER). Para agosto agárdase estean rematados os traballos, que inclúen a recuperación de tres vivendas e varias catas arqueolóxicas.

9 de maio de 2008
A Xunta quere chegar a 62.000 ordenadores nos centros docentes
A intención é chegar a unha ratio de 5,4 alumnos por computador para o vindeiro curso. Para isto, a Xunta anunciou que investirá 8.9 millóns de euros para adquirir novos equipos informáticos para os centros, que sumados aos 32.000 que había ao comezo da lexislatura totalizarán 62.000. A maiores, educación anunciou a adquisición de videoproxectores, taboleiros dixitais, impresoras e outras ferramentas multimedia.

9 de maio de 2008


9 de maio de 2008
Especialistas explican no Consello da Cultura as diferentes iniciativas no eido da paisaxe
Na definición de paisaxe entran conceptos sociais, culturais, políticos, económicos que son os propios de cada territorio. Isto é o que estableceron os diferentes relatores do foro “Olladas críticas sobre a paisaxe” organizado polo Consello da Cultura Galega e que conclúe hoxe. Se na xornada inaugural se fixo unha revisión histórica da necesidade de analizar o concepto de paisaxe, hoxe daranse a coñecer as diferentes experiencias que levan varios anos desenvolvéndose como o Observatori da Paisatje de Catalunya ou o catálogo das paisaxes ibéricas.

9 de maio de 2008
Unha mostra e un convenio analizan a emigración galega
“Historia dunha emigración difusa” é o título da mostra na que o Museo do Pobo analiza os primeiros momentos da emigración en Galicia. Unha época na que, segundo se defende nesta exposición, Lisboa actuou de trampolín do movimento migratorio que logo se trasladou cara a América. Precisamente a Secretaría Xeral de Emigración e o Consello da Cultura Galega acaban de asinar un convenio polo que catalogarán 220 escolas que os galegos abriron na emigración.

9 de maio de 2008
Cultura achega 500.000 euros en subvencións para locais e equipamentos de asociacións
Fundacións, asociación e entidades de carácter cultural poden solicitar desde hoxe as axudas de acaba de convocar a Consellaría de Cultura para melloras nos seus locais. En total son 500.000 euros que se poderán destinar tamén a adquirir novo equipamento. A Consellaría tamén anunciara onte un investimento de 300.000 euros en axudas para que os concellos melloren os seus espazos escénicos.

9 de maio de 2008
Martín Romero estrea web mentres se reseñan varios fanzines con participación galega
O autor galego afincado en Barcelona, Martín Romero, acaba de pór en marcha un novo espazo web no que se pode ver unha ampla mostra dos seus traballos en BD e ilustración. Ao tempo, tamén pola rede atopamos a ampla recensión que no xornal “El Correo” lle dedican ao Fanzine Enfermo, codirixido por Alberto Vázquez, e a “Argh!”, publicación que conta cunha nutrida representación galaica. Tamén o blog La Carcel de Papel recolle novos fanzines, entre os que se atopa o traballo de Brais Rodríguez para “Lunático”.

9 de maio de 2008
A revista “Retranca” celebra as Letras Galegas con múltiples actividades
A Letras Galegas son o eixe co que a revista de humor gráfico “Retranca” celebra a súa primeira Semana Retranqueira. Os eventos comezarán na mañá do vindeiro martes trece coa celebración de visitas guiadas pola mostra que sobre a publicación se pode ver estes días en Redondela. Xoves trasládase a festa a Vigo, onde a libraría Librouro acollerá, ás oito da tarde, unha presentación do número especial Letras da publicación. O día seguinte será Couceiro, en Compostela, a libaría que acolla unha sesión de sinaturas de autores coma Kiko da Silva, Jacobo Fernández, Andrés Meixide ou Luís Davila. E para despois está prevista na mesma cidade a celebración dunha cea entre os autores para conmemorar o Premio do Público que a revista levou no último Saló de Barcelona.

9 de maio de 2008
Obras de Xosé Mª Álvarez Blázquez distribuiranse en hoteis e casas rurais do Baixo Miño
As persoas que se hospeden nas casas rurais e hoteis do Baixo Miño terán acceso a unha escolma de libros de Xosé María Álvarez Blázquez, natural da cidade tudense, autor ao que este ano se lle dedica o Día das Letras. "Palabra na solaina", organizado pola Consellería de Cultura e Deporte, distribuirá libros deste autor nos establecementos turísticos, dándolle continuidade a un programa que se desenvolve desde o 2006 e no que se poñen ao alcance dos visitantes a obra de autores ligados intimamente a cada zona xeográfica na que se implanta. Serán en total 24 casas rurais e hoteis do municipio os que participan neste programa. Obras de Álvarez Blázquez estarán dispoñibles nos salóns e áreas para o lecer e a lectura coas que contan os establecementos, e ademais un dos libros estará en cada unha das habitacións. O programa está incluído no Plan de Fomento da Lectura.


1 2 3 4 5 6 7 Seguinte



Información
Noticias
Eventos
Especiais
Temas do dia
Zona Cultura
Fin de Semana
Axenda
Certames
Biblioteca
Zona Rss
Soportais
LG3 - Literatura
MeGA - Música
AVG - Cine
BD - Banda Deseñada
Interactividade
Lista de desexos
Propostas de temas
Boletins
Enviar actos
Enviar certames

Correo da redacción
Mapa do Sitio
Axuda
Nós
O equipo do portal
Aviso legal
Licenza de uso
 

Consello da Cultura Galega. (www.consellodacultura.org)
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Contacto: Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org