Atalaia

Christian Villamide. Paisajes hirientes. 2012. Fotografía cor.
> Christian Villamide. Coexistencias
Datas: 04/05/2012 - 02/06/2012

Descrición

Desde os seus comezos, a obra de Christian Villamide achégase a posicións minimalistas e povera nun interesante eclecticismo ao que engade elementos propios. A natureza, o gusto pola utilización de materiais naturais e industriais pouco usuais na arte, o diálogo que a súa obra establece coa luz, a persoal concepción da cor e a incisiva ironía e sentido do humor que trascende dalgunha das súas pezas son os rasgos máis salientables dos seus traballos da década dos noventa.

A comezos de 2000, Christian Villamide trasládase ás  illas Canarias e empeza a sentir un maior interés pola fotografía, as instalacións e as intervencións en espazos específicos. Nestes últimos anos experimenta unha devoción creciente pola natureza; nela encontra unha linguaxe íntima, case humana, que lle leva a reflexionar sobre cada un dos seus elementos, intervindo a paisaxe ou creando un traballo de gran intimismo. En 2010 regresa a Galicia onde retoma o pulo da súa contorna natal e volve introducir elementos específicos do mesmo na súa obra.

A súa mostra Coexistencias, na Galería Pardo Bazán artéllase en torno ao individuo. Reflexiona sobre a fractura que se produze entre o home e a terra que pisa. Pódese considerar como un itinerario sobre as últimas reflexións do artista. A través de diferentes soportes expresivos como a escultura, fotografía, instalacións, etc, Christian extrae á superficie a poética das súas emocións contempladas desde a conexión entre o territorio e o espazo con dimensións expresivas moi sensibles da materia.

Fonte: Galería Pardo Bazán