Atalaia

díez+díez. Oxímoron. 2009. Chaves de despertador. 9x13x9 cm
> díez+díez. Epigramas
Datas: 30/11/2011 - 28/01/2012

Descrición

O Espacio Sirvent presenta en Vigo unha exposición de novos obxectos dos deseñadores díez+díez (os irmáns Javier Díez e José Luis Díez, residentes en Madrid), introducida  cunha charla/coloquio na que Javier Díez plantexa, baixo o título ¿Arte? ó ¿diseño?, os límites entre os que se encontra o seu proceso creativo.

Epigramas, a nova serie de obxectos de díez+díez, supón, segundo eles mesmos, un conxunto de pezas, tanto obxectuais como gráficas, caracterizadas todas elas por unha vontade explícita de concreción e despoxamento formal que as achega ao que poderiamos definir como aforismos visuais ou haikus materializados.

Javier Díez e José Luis Díez son dous irmáns deseñadores cunha dilatada carreira que desenvolveron no seu paso por empresas como Escofet 1886, MiSCeL·LàNia, Porcelanas Bidasoa, Alpujarreña, BlueMobility, Ona ou ninetonine. Entre os premios recibidos atópanse o Delta de Plata do ADI-FAD e dous premios da categoría Deseño Industrial da AEPD. En 2010 comezaron a traballar como díez+díez (www.diezmasdiez.com) no que consideran un proxecto sen ataduras nin condicionantes.

Fonte: Espacio Sirvent