Atalaia

José Lourenço. Sen título -da serie Story Building-. 2011. Acrílico sobre tea. 120 x 120 cm
> José Lourenço. Story Building
Datas: 13/01/2012 - 29/02/2012

Descrición

José Lourenço (Lisboa, 1975), constrúe un atlas visual da paisaxe urbana, tal e cómo a arquitectura e a  enxeñería a compoñen hoxe en día. Daquela, Story building céntrase nas cidades onde a vida non para, está en constante movemento e cambio. Nela vemos que hai un aspecto cinematográfico, como se estivéramos diante dunha fotografía que condena a un bloque en movemento nunha fixacion. A imaxe de acción desaparece a prol da imaxe puramente visual, o que provoca o nacemento da súa propia imaxe para ser un referente do tempo morto, onde o prolongado silencio e o baleiro son a corrente das cousas que ocorren no mundo.

As superficies lisas e xeométricas forman un mundo frío e silandeiro onde non habita ninguén. Un mausoleo perfecto, que semella deseñado por un proceso informatizado no que as precisas formas chaman á vida real. Existe unha certa teatralidade na capacidade de crear espazos silandeiros, meditativos, ao tempo que esa limpeza reformúlase sutilmente por elementos, diverxentes pero discretamente misteriosos. Para remtar, son paisaxes psicológicas, lugares baleiros, sen presenza humana, pero onde existe o interese entre o público e o privado, non como unha procura da espiritualidade, senón como unha inquedanza que se expresa silandeiramente.

A mostra de José Lourenço está composta por 5 pinturas acrílicas sobre tea, 1 vídeo e 7 debuxos de tinta chinesa sobre papel.

Fonte: Galería Bacelos