Atalaia

Lucía Loren. Mudar la piel, I. 2009. Debuxo con grafito, 70 x 70 cm
> Lucía Loren. Topofilia: el paisaje interiorizado
Datas: 11/11/2011 - 16/12/2011

Artistas

Lucía Loren

Descrición

As relacións de intercambio do ser humano co entorno e a paisaxe que se conforma, son o principal tema de reflexión nos últimos anos de traballo de Lucía Loren (Madrid, 1973), que agora presenta dun xeito concentrado e documental -debuxos e fotografías-, nesta a súa primeira mostra no espazo coruñés da Galería 9THE13, baixo o título Topofilia: el paisaje interiorizado.

Esta vinculación coa paisaxe tenlle inspirado as intervencións específicas que realizou en diversos entornos naturais como os da Reserva Biológica Horcomolle (Tucumán, Arxentina); I poetti fanno la cittá (Bolonia, Italia); Oltre il Giardino (San Mauro Pascoli, Italia); Parque de Esculturas Lomos de Oro (Villoslada de Cameros, La Rioja); Arte en la Tierra (Santa Lucía de Ocón, La Rioja); El Bosque Hueco (Puebla de La Sierra, Madrid); Naturalmente Artificial (Museo Arte Contemporáneo Esteban Vicente, Segovia); Un camino entre el Arte y el Medio Rural (Valdemanco, Mancomunidad Servicios Culturales, Madrid); V Muestra de Teatro de Calle de la Sierra Norte; Artifariti, III Encuentros Internacionales de Arte en Territorios Liberados del Sahara Occidental; Camino de las Raíces (La Alberca, Salamanca).

En todas estas intervencións emprega os elementos da paisaxe para realizar pequenas variacións que reflexionan sobre o propio concepto de paisaxe cultural. En moitas ocasións, o proceso de traballo convértese nun espazo aberto á participación da poboación que habita o lugar, xerando así un intercambio de experiencias e coñecementos entre o proceso artístico e a poboación rural.

Licenciada en Belas Artes pola Universidad Complutense de Madrid (1997), varias bolsas e premios permitíronlle participar en proxectos de investigación artística: Beca Erasmus (Accademia di Belle Arti, Bolonia, Italia, 1997), Beca Convenios Internacionales (Facultad de Artes, Tucumán, Arxentina, 1999), Beca Ministerio Asuntos Exteriores (Accademia di Belle Arti, Bolonia, Italia, 2000), Premio Artes Plásticas (Consejería Cultura y Deportes de la Comunidad de Madrid, 2003).

Fonte: Galería 9THE13