Atalaia

Vista da exposición
> X. Lois Gutiérrez Faílde. Himnos olvidados
Datas: 03/04/2014 - 09/05/2014

Descrición

Himnos olvidados de X. Lois Gutiérrez Faílde está composto por unha serie de nove fotografías que foron realizadas no 2011. Con esta exposición, o fotógrafo lalinense pretende examinar as formas de representación histórica da batalla de Elviña en 1809, tomando o tema da guerra como contexto onde a figuración política e o discurso histórico se estableceron no mesmo como marco contextual. A memoria da guerra e os seus mitos (a víctima, o heroe, o arquivo, o sitio…) son para o autor dous ámbitos idóneos para comprobar como a narratividade dos feitos reais convive, na maior parte das veces, co relato épico dos feitos imaginarios. Himnos olvidados forma parte así dun xogo de tensións entre historia e vida e realidade ou fición; onde unha orde social foi xenerado unha narrativa particular sobre o seu pasado.

Fonte: Espazo miramemira

Vídeo da exposición