Atalaia

Xisco Mensua. Modelos. 2008. Óleo sobre lenzo. 146 x 114 cm, cada unha
> Xisco Mensua. Commentatio Mortis
Datas: 29/01/2011 - 19/03/2011

Artistas

Xisco Mensua

Descrición

Xisco Mensua (Barcelona, 1960), é un dos artistas máis representativos no uso do debuxo e da pintura dentro do panorama español. A súa pintura, mália utilizar óleo ou acuarela, baséase fundamentalmente no debuxo, cunha tendencia á síntese dos elementos para acadar a maior expresividade cos mínimos recursos. As súas obras son superficies planas, de cor, sobre as que o pincel discorre sobriamente trazando as liñas que constrúen figuras de nenos, amantes, durmintes e outras alegorías. Nelas gravitan, constantemente, temas de apariencia áspera ou turbulenta como o nacemento, o sexo, a enfermidade e a morte, pero en todos os casos o resultado chega a inspirar unha especial tenrura.

A referencia aos mestres da pintura renacentista é constante na súa obra, ao igual que a incorporación de figuras procedentes da Historia da Arte e de fotografías dos medios de información. Reinterpretacións ao xeito de modelos que, en ocasións, repítense en diferentes obras, acadando unha dobre orientación na imaxe: o propio tema da obra, e máis a alusión aos media e a relectura de obras históricas.

Fonte: Galería Bacelos