Atalaia

Xoán Pardiñas. (esq.) Encofrado obreiro. 2009. Mixta.172 x 207 cm. (der.) Encofrado nº 1 místico. 2006. Mixta. 101 x 82 cm.
> Xoán Pardiñas. Encofrados - Chans - Altares
Datas: 16/03/2012 - 02/05/2012

Descrición

Ollar as cousas fai que reflexionemos sobre elas e as pistas que esa propia observación nos proxecta.

Construcións e infraestruturas acoutan a cotío o noso campo visual. Están tan presentes, vaiamos por onde vaiamos, que me suxeriron realizar as pezas que presento. Nelas están representados os materiais empregados nestas edificacións: formigóns, cementos... Así, con ese pretexto, facer un desagravio pola nosa desmesura, sacralizando estas obras mediante a súa representación e a escrita estampada nalgunha delas.

Isto deume pé para realizar unha serie de cadros versionando obxectos, paredes de formigón e chans de cemento en diferentes cores, onde poden xurdir feitos e formas casuais, ou incidir sobre estes con debuxos e grafites.

Acompañando a está última obra, presento cadros producidos entre os anos 1997-2001, encadrados xenericamente dentro da serie Altares, produción máis intimista e próxima aos nosos sentimentos.

Na arte as partes obxectivas como a aprendizaxe de teorías e técnicas varias é importante, pero máis o son as emocións, os sentimentos e os sonos que, de tarde en tarde, asoman nas cousas que facemos e que nos levan a expresar máis intensamente o que sentimos e queremos dicir e, dese xeito, chegar aos outros.

Texto: Xoán Pardiñas

Fonte: Galería Metro