NOTICIAS
O PRAZO DE PRESENTACIóN DE TRABALLOS PECHA O LUNS 8 DE SETEMBRO
05/09/2008
A falta de tres días para que remate o prazo de envío xa se teñen presentadas 142 curtametraxes, 20 micromovies e 30 cápsulas ao certame
Curtas na rede. Un programa de promomoción destes formatos organizados pola Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual e o Consello da Xuventude. Así o notificaron os seus organizadores na presentación de “Bobi”, a estatuíña que recibirán os gañadores no trancurso da gala de entrega de premios (29 de outubro no Teatro Colón da Coruña).
Amplía a nova
OS GAñADORES SABERANSE NO TRANCURSO DUNHA GALA QUE TERá LUGAR O 24 DE OUTUBRO
05/09/2008
Despois das proxeccións na rúa durante todo o verán, o certame de promoción da curtametraxe do Concello de Santiago entra nunha nova etapa. O xurado deu a coñecer onte os traballos que superaron a súa peneira e pasan á sección oficial. En total 149 traballos competirán en 4 seccións diferentes: Categoría Galega, Feito en España, Internacional (que agrupa ficción, animación e documental) e Explora (que inclúe as curtas máis innovadoras presentadas este ano). Os filmes seleccionados poderán verse no Teatro Principal do 17 ao 24 de outubro.
Amplía a nova
O CERTAME, QUE REPARTIRá 2.000 EUROS EN PREMIOS, RECIBIU MáIS DE TRESCENTAS CURTAMETRAXES
04/09/2008
O luns comeza en Bueu a primeira edición do Festival Internacional de Curtametraxes. Un evento que organiza a produtora Melodía Visual e o concello co interese de recuperar un acontecemento que se desenvolveu nesta localidade pontevedresa ata hai dous anos. Un total de 24 curtametraxes compiten polos 2.000 euros en premios (mellor curta, premio especial do xurado, do público, curtametraxe galega) dun certame que nace co interese de conseguir unha maior visibilidade deste tipo de formatos. Desde o luns 8 ata o venres 12, o Centro Social do Mar acollerá a proxección de cinco traballos diarios (ás 21:30 horas), mentres que o sábado terá lugar a gala de clausura coa entrega dos premios.
Amplía a nova
O CONVENIO CREARá UNHA UNIDADE PARA POTENCIAR A EXPLOTACIóN DE CONTIDOS DIXITAIS
03/09/2008
Os diferentes clústeres que existen en Galicia (audiovisual, produto gráfico, automoción, naval, acuicultura biotecnoloxía e madeira) queren mellorar a súa competitividade. Por ese motivo, a Consellaría de Industira acaba de asinar un convenio polo que lles dá tres millóns de euros para abrir diferentes liñas de traballo. Con esa achega, o do Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego elaborará un estudo das posibilidades de negocio e fomentará os sconsorcios de exportación, ademais de crear un libro de estilo do mundo gráfico. No caso do do audiovisual, a medida servirá para pór en marcha unha unidade que permitirá avanzar na creación e explotación de contidos dixitais, fomentará a presenza no estranxeiro e creará a marca
Galicia audiovisual.
Amplía a nova
ATA O 3 DE OUTUBRO ESTá ABERTA A CONVOCATORIA PARA PARTICIPAR NA CUARTA EDICIóN DO PROGRAMA
RAíCES
02/09/2008
Tacholas,
O asaltante,
As mans,
O resultado do amor,
Sentimentos,
Mirta de Liniers a Estambul e
A velocidade funda o esquecemento son os títulos que se poderán ver en Vigo do 12 ao 19 de setembro no marco da 2ª mostra de cine arxentino. Unha actividade que se completará con diferentes reunións de traballo dos asinantes do Acordo Raíces, xurdido en 2003 para potenciar as relacións audiovisuais das produtoras independentes entre Galicia, Arxentina e Cataluña. Un acordo que logo contaría cun fondo económico para a promoción da producións audiovisual independente ao que se incorporou Andalucía e do que se desvinculou Cataluña.
Amplía a nova
A PELíCULA FOI PRESENTADA NO MARCO DA MOSTRA DE VENECIA
02/09/2008
Estes días preséntase na Mostra de Venecia a vida de Lorenzo da Ponte, amigo de Giacomo Casanova en Venecia e letrista de Wolfgang Amadeus Mozart, co que traballou en Viena tras ser desterrado de Italia polo seu aloucado estilo de vida. Este biopic co que Carlos Saura se achega á figura de Mozart ten cun peculiar protagonista: Borja Quizá. Este coruñés é moi coñecido nos circuitos líricos (á mesma hora que Saura presentaba un adianto do filme no Lido, Borja ensaiaba en Madrid unha ópera de Verdi que pronto estreará no Teatro Real) e participa nesta incursión puntual no sétimo arte, ao tratarse dun proxecto moi plástico que está a medio camiño entre un musical e un biopic.
Amplía a nova