NOTICIAS

ARRINCAN CINCO CURSOS E ESTREARANSE TRES CURTAMETRAXES

03/02/2012

É a primeira das dúas fins de semana coas que Vedra pretende dinamizar esta zona cun programa audiovisual que contempla desde o aspecto formativo ata o de exhibición. No que atende ao primeiro, comezarán con cinco cursos (Animación stop motion, O intérprete diante da cámara, Postprodución dixital, Iniciación ás curtametraxes para o alumnado de ESO e Interpretación na dobraxe). Da outra, entre as proxeccións figura a estrea de tres traballos. Canción de Ninar, un drama dirixido por Martín Rodríguez, Noutra pel é unha curta resultante dun taller de cine impartido por Margherita Morello, sobre unha idea de Mª Jesús Picallo Ferreiro. Pechan as proxeccións, Xeira un drama rural centrado nuns personaxes marcados pola traxedia. Escrito e dirixido por Marisa Otero.

Amplía a nova

FIGURAN NO LISTADO DE BENEFICIARIAS DOS FONDOS PúBLICOS DE CAPITAL RISCO

03/02/2012

Xa era coñecido que tanto Bren Entertainment como Dygra Films atravesaban un delicado momento financeiro. El País publica hoxe unha ampla reportaxe na que estas entidades aparecen no listado de empresas apoiadas pola Xunta en Xesgalicia que perden cartos. Segundo cita este medio, remitindo a datos do Rexistro Mercantil, Bren Entertainment acumula perdas por 922.645 e Dygra Films de 755.041 euros. As dúas empresas figuraban no listado de empresas apoiadas con cargos a fondos públicos de capital risco (SCR).

Amplía a nova

TUI CONVERTERASE NA CAPITAL DO DOCUMENTAL DO 21 AO 25 DE MARZO

03/02/2012

É a “xoia cultural tedense”, tal e como asegurou Vanesa Rodríguez, concelleira de Cultura e Educación desta localidade pontevedresa. Por iso, o Play Doc non faltará á súa cita co documental. Será nun formato que se mantén fiel á súa estrutura habitual, aínda que haberá cambios. Malia que aínda non se coñece a programación, desde o festival confirman que este ano estará centrado temáticamente na paisaxe. Na sección oficial a competición repartiranse un total de 5.000 € en premios e a cita será do 21 ao 25 de marzo.

Amplía a nova

A CITA TERá LUGAR O MARTES 7 NO CENTRO MULTIMEDIA DE GALICIA

02/02/2012

Félize Frappier traballa no sector da distribución como axente de vendas para Max Films International desde 2003, conseguíu vendas para películas como Seducing Dr. Lewis, The Far Side of the Moon, Borderline e Crying Out. O vindeiro martes estará en Compostela (aula CeMIT do Centro Multimedia de Galicia) para dar unha clase maxistral sobre Audiovisual Marketing and International Sales. A cita está organizada polo Consorcio Audiovisual de Galicia en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

Amplía a nova

A DECISIóN é INAPELABLE E FOI TOMADA POR UNANIMIDADE

02/02/2012

A suspensión cautelar de The Little wizard. O mago dubidoso da produtora galega Deboura facía sospeitar o que onte confirmou a Xunta Directiva da Academia de Cine, que a cinta non estará finalmente na loita polos Goya na categoría de mellor longametraxe de animación. A produción foi eliminada por “incumprimento das bases de participación” tal e como figura no web da Academia de Cine. A decisión tomouse nunha Xunta Directiva desenvolvida onte está tomada por unanimidade e é inapelable. De tal xeito, as finalistas nesa categoría son Engurras, Cartago Nova e Papá, son unha actriz. A gala de entrega dos premios terá lugar o vindeiro 19 de febreiro.

Amplía a nova

AS PROXECCIóNS COMEZAN HOXE CO úLTIMO FILME DE NANNI MORETI HABEMUS PAPAM

01/02/2012

Comeza un novo ciclo do Cineclube Padre Feijoo e do Festival de Cine de Ourense que abordará durante o mes de febreiro, as miradas sobre a xerarquía eclesiástica, o terrorismo islámico e a corrupción política. O ciclo de cine político contará con tres filmes dirixidos por Nanni Moreti (Habemus Papam), Chris Morris (Four Lions) e Paolo Sorrentino (Il Divo). As proxeccións, coma sempre, serán no Cinebox do centro comercial Pontevella. Ademais, este mes estrea unha novidade na programación que é o aumento dun pase (o das 18:00h), que se suma aos xa clásicos de 20:30 e 23:00h.

Amplía a nova

Citas de hoxe Sábado 04 de Febreiro de 2012

CGAI
Sinbad (v.o.g.)
Ás 18:00 h . CGAI - A Coruña

 

VIDEOS

Certames

  1. IX Festival de Cans 2012-03-16

  2. Máis certames

PRODUCIÓNS

PROFESIONAIS

GALERÍAs

DOCUMENTOS

  1. Dossier | Desde Galicia para o Mundo Ficha completa do veterán programa televisivo

  2. Dossier | CV de Mamen Quintas

  3. Dossier | CV de Xabier Eirís

  4. Máis documentos

ZONA FAN



Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org