Dani de la Torre / Dirección

Dani de la Torre

de AVG | O soportal do audiovisual galego

  Dani de la Torre
Dani de la Torre
Dirección
Nome completo: Daniel de la Torre Alvaredo
Monforte de Lemos (Lugo) 1975   



Director do departamento de promocións de informativos da TVG desde 2009. Comezara como guionista nos noventa, para despois desenvolver unha filmografía propia no mundo das curtametraxes. Desde o primeiro traballou como montador mais a súa experiencia profesional céntrase no eido da realización: Para programas da canle autonómica galega fíxoo de 1996 a 2006 en eidos como deportes, cultura e ocio. Ademais de para a TVG tamén ten dirixido publicidade para RG, a Cidade da Cultura e a Santiago Film Comission.

Premios e recoñecementos: Finalista coa reportaxe “Gaiteiras” da TVG, aos premios CNN World Report 2001 (Atlanta, EEUU). As súas curtas recibiron diversos recoñecementos e premios.


Formación específica: Estudou Imaxe e Son en Ourense onde acadou a diplomatura a principios dos anos noventa.
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Galería de imaxes | ver As 1 fotos de Dani de la Torre

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Dani de la Torre (6)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org