Xabier Deive / Actor

Xabier Deive

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Xabier Deive
Xabier Deive
Actor
Nome completo: Xabier Deive Martínez
Narón (A Coruña) 1970   
Web propia



Actor de teatro, ven desde 2000 desenvolvendo un ininterrompido labor na pequena pantalla autonómica, con papeis en numerosas teleseries e telefilmes. En paralelo, ten actuado en diversas curtametraxes e tras debutar no cine en 2000, saiu tamén na coprodución europea A muller do anarquista (Peter Sehr e Marie Noëlle, 2007).

Formación específica: Curso de interpretación (Máscara e Arquetipos) impartido por John Wright (2000). Curso de Posgrao Especialización en Arte Dramática; Teoría e práctica da interpretación (Universidade de Santiago de Compostela 2000-2001), impartido por Carles Batlle, José Sanchis Sinisterra, Lluis Graell, entre outros. Curso de interpretación e construción do personaxe impartido por Albert Boadella (1999). Alumno da Escola Municipal de Teatro do Concello de Narón cos mestres: Luis Ramos, Mª Jesús Guillén, Santiago Prego e Lino Braxe (1989-1999). Curso de Zancos impartido por Avelino González (2004). Curso de Boxeo no Espectáculo impartido polo bicampeón mundial de Kick-boxing Manolo Planas (2000).
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 9 videos de Xabier Deive

Galería de imaxes | ver As 13 fotos de Xabier Deive

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Xabier Deive (6)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org