Antonio Vilaseco Falcón / Realizador

Antonio Vilaseco Falcón

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Antonio Vilaseco Falcón
Antonio Vilaseco Falcón
Realizador
Nome completo: Antonio Vilaseco Falcón
Santiago de Compostela (A Coruña) 1974   



O seu traballo céntrase na realización de programas para a televisión privada desde 1996. Sobresaen os dedicados ao deporte, sendo o responsábel dos espacios de Canal + relativos ás retransmisións da Liga Nacional de Futbol, Champions League, liga ACB, Euroliga e o programa semanal “El día despues” (1996-2004). Así mesmo, tamén participou na realización das series documentais “Por las rutas del Toro” e “Figuras y maestros” (2004), do espacio musical “Te giralacabeza” (1997-1998) e de “Donde juegan los niños” (2000), todo para esta canle de televisión.

Premios e recoñecementos: Ondas 1997 ao mellor programa deportivo por “El día después”. Premio da ATV 2001 e 2003 ao mellor programa deportivo por “El día después”.


Formación específica: A súa formación xirou arredor da realización e produción audiovisual, mediante a asistencia a diferentes cursos na Coruña, Madrid e na Habana desde 1994. Destacan os realizados na EIS, onde acadou o grado de diplomado en Imaxe e Son en 1996, o de LSM e SUPERLSM en 1997-1998 e o levado a cabo na Escuela de San Antonio de los Baños en Cuba no ano 2000.
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org