Tamara Canosa / Actriz

Tamara Canosa

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Tamara Canosa
Tamara Canosa
Actriz
Nome completo: Tamara Canosa Ferrío
A Coruña 1983   



Comezou na pequena pantalla en teleseries e telefilmes autonómicos a finais dos noventa, actuando de adolescente. Así, encarnou o papel de Laura en "Mareas Vivas" dos capítulos 54 ao 150 e fixo roles de reparto en diveras producións, que lle abriron as portas ao debú cinematográfico da man de Gerardo Herrero en "Heroína". Outro seu papel importante ten sido como secundaria da teleserie "Valderrei", con 95 episodios. Desde mediados da década de 2000 combina papeis televisivos episódicos coa interpretación na grande pantalla, sen esquecer o protagonismo en curtas como "Bechos Raros" ou "Juan Marante".

Premios e recoñecementos: Nos Premios Mestre Mateo 2008 da Academia Galega do Audiovisual (entregados en 2009) recibiu o galardón de mellor interpretación feminina protagonista por “Pradolongo”.


COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 3 videos de Tamara Canosa

Galería de imaxes | ver As 2 fotos de Tamara Canosa

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Tamara Canosa (4)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org