Alfonso Zarauza / Dirección

Alfonso Zarauza

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Alfonso Zarauza
Alfonso Zarauza
Dirección
Nome completo: Notice: Undefined offset: 1 in /var/www/html/cultura/html/avg/persoas_detalle.php on line 367 Alfonso Vilas Zarauza
Santiago de Compostela 1973   
Web propia



Guionista e director, fixo ambos labores en cinco curtas feitas en Galicia e escribiu unha longametraxe coproducida entre Brasil e Cuba. Titulada "Minerva é nome de mulher" (dir.Wolney Oliveira), rodouse en 2005 en Fortaleza (Brasil). Desde 2001 é director de desenvolvemento de proxectos da produtora madrileña Iroko Films. Dirixiu multitude de videoclips, anuncios e "así se fixo". Traballa de analista de guións de longas. Foi primeiro axudante de dirección na longa documental "Machín toda una vida" (2002).

Premios e recoñecementos: Autor do mellor guión en proxecto seleccionado polo LALIFF 06 (Los Angeles Latino International Film Festival), por ``A noite que deixou de chover´´. Premio ao mellor director de longametraxe en Competencia Internacional no Festival de Viña del Mar (Chile), polo mesmo filme. Autor do mellor guión de longametraxe, premiado no Festival Internacional de Cinema Latino de Trieste 2007 (Italia), por ``A ilha da morte´´ (dir.Wolney Oliveira). Once nominacións aos Premios Agapi 99 (actuais Mestre Mateo) pola curtametraxe ``A Danza de Katiuska´´. Nos Premios Mestre Mateo 2008 da Academia Galega do Audiovisual (entregados en 2009) recibiu os galardóns de mellor guión e mellor dirección por “A noite que deixou de chover”.


Formación específica: Técnico Superior de Producións Audiovisuais pola E.I.S Someso (96-98).
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 1 videos de Alfonso Zarauza

Galería de imaxes | ver As 1 fotos de Alfonso Zarauza

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Alfonso Zarauza (22)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org