Miguel de Lira / Actor

Miguel de Lira

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Miguel de  Lira
Miguel de Lira
Actor
Nome completo: Miguel Domingo García Martínez
Lira (A Coruña) 1964   



Un dos máis coñecidos actores de Galicia, comezou no mundo da interpretación cando estudiaba Dereito en Santiago. É fundador da Sala Nasa e membro do grupo Chévere. Popularizado no papel de “Currás”, o percebeiro furtivo que interpretaba na serie de televisión “Mareas Vivas”. Participou no programa de TV “Unha de romanos” e no telefilme “Entre bateas”. Entre outros dos seus traballos, destacan “Disonancias”, “Urxa” ou “O lápis do carpinteiro”.

Premios e recoñecementos: Gañou un premio Agapi polo seu papel en Mareas vivas. Por Crebinsky levou con Enrique Otero o premio Alma ao mellor guionista novel no marco do Festival de Cine de Málaga (2011). Polo mesmo filme levou en 2011 o galardón Mestre Mateo á mellor interpretación masculina protagonista. Premio ao mellor actor por Amizade nos festivais Cortogenia (2010) e Corto Mieres (2011). Premio ao mellor actor xunto con Sergio Zearreta no Festival de Cine Español de Toulouse (2011) por Crebinsky. Premio ao mellor actor por Crebinsky no Festival Internacional de Oaxaca (México 2011). Premio ao mellor protagonista masculino nos Mestre Mateo entregados en 2014, por Somos xente honrada.


COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 11 videos de Miguel de Lira

Galería de imaxes | ver As 15 fotos de Miguel de Lira

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Miguel de Lira (30)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org