Tino Antelo / Actor

Tino Antelo

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Tino Antelo
Tino Antelo
Actor

A Coruña 1975   



Durante 52 capítulos fixo un papel secundario en "Rías Baixas", no personaxe cómico de Lucas. Actor de teatro desde 1995, estreouse no audivosual en 1998 intervindo na teleserie “Hermanas”. Entre 2000 e 2006 actuou en curtametraxes como “Me molesta” de Cora Peña, “Uno cualquiera” de Daniel Palacios e “Base”, de Joseba Fuentes. Ademais de series autonómicas, desenvolveu traballos episódicos en teleseries españolas como “Cuéntame” (Grupo Ganga para TVE, 1 episodio), “La que se avecina” (Miramón para Tele 5, 1 ep.), “Agitación +IVA” (Pausoka/Tele5, 1 ep.). Realizou o seu debú cinematográfico con “La vida en rojo” (dir. Andrés Linares, Alea Producciones, 2007).

Premios e recoñecementos: Gañador do Premio Barriga Verde de textos para Monicreques (2003).


Formación específica: Danza Butoh, impartido por Wendell Wells (Asociación Bausm 2005). Danza/Cabaret, impartido por Patricia Ruz (2005). Interpretación: A comedia (Emilio Gutiérrez Cava 2003). Dramaturxia baixo dirección de Fermín Cabal, Javier Maqua, David Planell e Eduardo Recabarren (1998-2000). Licenciado en Arte Dramática (interpretación e dirección) pola ESADT, dependiente da Universidade de Kent (Reino Unido 1993-1998).
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Galería de imaxes | ver As 2 fotos de Tino Antelo

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org