Isabel Risco / Actriz

Isabel Risco

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Isabel Risco
Isabel Risco
Actriz
Nome completo: Isabel Martínez-Risco Valdivieso
A Coruña 1975   



Comezou no teatro universitario en 1997. Exerceu de presentadora de galas, contadora de contos e trabllou na radio. Porén é como actriz televisiva como máis é coñecida, xa que durante a década de 2000 a 2010 ademais da súa actividade teatral ininterrompida desenvolveu unha intensa presenza na canle autonómica. En 2004 debutou concursando en O rei da comedia e colaborou en Máxima audiencia, despois mesmo copresentaría deste último. Zapping Commando deulle o seu primeiro papel protagonista, e a partir daí a súa vertente cómica abriulle as portas doutros diversos títulos da TVG, de cote do equipo creativo Zopilote. En 2009 colaborou humoristicamente con Víctor Fábregas como A estraña parella no programa Luar. Tamén actuou para curtametraxes, como a italiana Retorno a San Andrés (2006).

Premios e recoñecementos: Premio Mestre Mateo, entregado en 2014, á mellor intérprete feminina de reparto, por Era visto!.


Formación específica: Graduada en Pedagoxia Teatral (2002-05). Formación en diversas áreas (clow, comedia dell´arte, bufón, etc) con John Wright (2004 e 2007), na UDC (stage europeo, 2006), con Tom Greder (2005), Claudia Contin e Johnny Melville (2004), Carlo Bosso (2003), Eric de Bont (2001 e 2003), no Théâtre de L’Organic de Andorra (2003), Jango Edwards (2002), Carlo Colombaioni (2002), Leo Bassi (2001), Manuel Lourenzo (1998), Jorge Castro (1998), Manuel Vieites (1996). Tamén realizou un curso de esgrima teatral na Universidade de Avignon e formación musical.
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 3 videos de Isabel Risco

Galería de imaxes | ver As 2 fotos de Isabel Risco

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Isabel Risco (13)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org