Actor
Nome completo: Ernesto Chao Pino
Ribadavia (Ourense) 1943
Popularizado no papel de Miro na exitosa teleserie “Pratos combinados” emitida pola TVG. É ante todo un actor de teatro cunha carreira ininterrompida desde 1969. Foi director do Centro Dramático Galego durante dúas temporadas (1986-87). Protagonizou o telefilme “Condenado a vivir” e ten traballado nunha ducia de produccións cinematográficas desde 1985, o mesmo ano no que comeza a súa carreira televisiva, ligada a TVE e especialmente á TVG. En TV participou nunha vintena de programas de formatos diversos, contando co papel do reitor na teleserie de Antena 3 "Aquí no hay quien viva".
Premios e recoñecementos: En 2002 mereceu o Premio Chano Piñeiro do Audiovisual Galego ó mellor actor protagonista polo papel do tetrapléxico Ramón Sampedro en “Condenado a vivir” (dir.Roberto Bodegas). Pola súa interpretación en “O Rei Lear”, en 1991 foi finalista nos Premios Compostela de Teatro na categoría da mellor interpretación masculina protagonista. Este mesmo galardón gañaríao en 1993 pola obra “Galileo, Galilei”. En 2008 a Academia Galega do Audiovisual concedeulle o seu Premio de Honra.
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:
FILMOGRAFÍA
- Os mortos van ás présas (2009)
- Conexión (2009)
- Sombras na noite (2008)
- Efectos secundarios (2007)
- En teoría (2006)
- Trece badaladas (2002)
- Días de voda (2002)
- As loiras prefírenos cabaleiros (2002)
- A verdade se non minto (2000)
- Condenado a vivir (1999)
- A noiva de medianoite (1997)
- Pratos combinados (1995)
- A lei da fronteira (1995)
- A metade da vida (1994)
- Urxa (1989)
- Os outros feirantes (1989)
- Divinas palabras (1987)
- Esperanza (1986)
- O mellor (1986)
- Só para nenos (1985)
Videos | Ver 2 videos de Ernesto Chao
Galería de imaxes | ver As 6 fotos de Ernesto Chao
NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Ernesto Chao (9)
Data: 23 / 11 / 2009
Os profesionais denuncian a reducción dos orzamentos para o sector das artes escénicas
Data: 20 / 10 / 2009
Confesións, familias e outros dramas
Data: 16 / 6 / 2009
O sector escénico únese para reclamarlle a Cultura a resolución das subvencións
Data: 6 / 2 / 2009
Areoplanos é candidata ao mellor espectáculo Revelación dos premios Max
Data: 3 / 7 / 2008
Ernesto Chao: “Aeroplanos é un canto á liberdade a amizade individual”
