María Bouzas / Actriz

María Bouzas

de AVG | O soportal do audiovisual galego

  María Bouzas
María Bouzas
Actriz
Nome completo: María Xosé Rodríguez Bouzas
Mugardos, A Coruña 1962   



Iniciouse no teatro e deuse a coñecer co Centro Dramático Galego e coa “Compañía de María”, a compañía que fundou con María Pujalte. De aí, deu o salto á televisión, medio en que ten feito de presentadora e de actriz, protagonizando a teleserie “Terra de Miranda”. No cine participou en curtametraxes como “A ti como se che di adeus” e en longametraxes como “Arde amor” ou “Sei quen es”. Foi presidenta da Academia Galega do Audiovisual de 2006 a 2009.

Premios e recoñecementos: Premio á mellor actriz, por "Abrígate", na XIII Mostra de Cine Latinoamericano de Lleida. Galardón á mellor interpretación feminina protagonista nos premios Mestre Mateo 07 (2008) por “Unha muller invisible”.


Formación específica: Escola Superior de Arte Dramática de Madrid (1983-1987)
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 6 videos de María Bouzas

Galería de imaxes | ver As 9 fotos de María Bouzas

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org