María Bouzas / Actriz

María Bouzas

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 María Bouzas
María Bouzas
Actriz
Nome completo: María Xosé Rodríguez Bouzas
Mugardos, A Coruña 1962   



Iniciouse no teatro e deuse a coñecer co Centro Dramático Galego e coa “Compañía de María”, a compañía que fundou con María Pujalte. De aí, deu o salto á televisión, medio en que ten feito de presentadora e de actriz, protagonizando a teleserie “Terra de Miranda”. No cine participou en curtametraxes como “A ti como se che di adeus” e en longametraxes como “Arde amor” ou “Sei quen es”. Foi presidenta da Academia Galega do Audiovisual de 2006 a 2009.

Premios e recoñecementos: Premio á mellor actriz, por Abrígate, na XIII Mostra de Cine Latinoamericano de Lleida. Galardón á mellor interpretación feminina protagonista nos premios Mestre Mateo 07 (2008) por Unha muller invisible. Premio á mellor interpretación feminina de reparto, nos Mestre Mateo entregados en 2011, por Retornos. Ex aequo con Xavier Villaverde, foi Premio Chano Piñeiro, na súa cuarta edición (2009), pola súa traxectoria profesional.


Formación específica: Escola Superior de Arte Dramática de Madrid (1983-1987)
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 8 videos de María Bouzas

Galería de imaxes | ver As 10 fotos de María Bouzas

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de María Bouzas (22)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org