Actriz
A Estrada (Pontevedra) 1982
Aínda que os seus primeiros traballos foron no mundo do teatro antes de debutar profesionalmente na televisión, conta con experiencia en curtametraxes así como no formato documental, onde ten desenvolvido o seu labor como guionista e directora. Como actriz é unha das protagonistas da teleserie Os Atlánticos, no papel de Silvia.
Formación específica: Catro anos de formación actoral continua na Escola de Teatro e Danza Espacio Aberto da man de Carlos Neira. Técnica vocal impartida por Cristina Domínguez e Nuria Gullón. Historia do Teatro con Deborah Pérez, Curso de Claqué e Body Percusión impartidos por Rubén Sánchez. Curso de cabaret e espectáculo dirixido por Ángel Burgos. Licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela na especialidade de Arte Contemporánea e Máster en Historia e Estética da cinematografía pola Universidade de Valladolid. Estudos de piano.
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:
FILMOGRAFÍA
- As reliquias do santo (2009)
- Os Atlánticos (2008)
- MM con M de Metáfora (2007)
- Historia da arte (2007)
- Fábula. A Terra Meiga (Alén da maxia) (2003)
Videos | Ver 2 videos de Antía Otero
NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Antía Otero (15388)
Data: 9 / 2 / 2010
Receitas con historia
Data: 9 / 2 / 2010
De anexo do museo, a anexo da rúa
Data: 9 / 2 / 2010
Patrimonio intervén de urxencia na Torre do Reloxo de Betanzos
Data: 9 / 2 / 2010
O Festival de Cine de Ourense estende a súa programación ao resto do ano
Data: 9 / 2 / 2010
Quiosco: E_scena
