Alberto Díaz “Bertitxi” / Dirección fotografía

Alberto Díaz “Bertitxi”

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Alberto Díaz “Bertitxi”
Alberto Díaz “Bertitxi”
Dirección fotografía
Nome completo: Alberto Díaz Blanco
Fene (A Coruña) 1970   
Web propia



Ten experiencia como operador de cámara, traballou en dúas ducias de longametraxes de eléctrico e noutra media ducia de xefe de eléctricos. Porén é a dirección de fotografía o seu labor principal. Tras un par de producións para a EIS da Coruña a finais dos noventa, é na década do 2000 cando a súa carreira despega, dirixindo a foto dunha trintena de obras diversas: Curtametraxes (Ilusión Óptica), obras institucionais (A muller labrega), video-instalacións (Os sete mares), curtas experimentais (Sinceramente), videoclips musicais -para Miguel Costas-, curtas documentais (Compostelarte I), longametraxes documentais (O Casón: Vinte anos sen respostas), video-danza (Estiven en Galicia e lembreime de ti), pezas industriais (Tlr Soft), programas de TV, longas de ficción, series documentais... case ningún formato se escapa ao seu extenso curriculum.

Premios e recoñecementos: Por Vilamor recibiu o galardón á mellor fotografía no Festival Internacional de Cine de Nova York (2012).
Por Encallados recibiu o galardón á mellor dirección de fotografía nos XII Premios Mestre Mateo (entregados en 2014).


Formación específica: Posgrao en Dirección de Fotografía Cinematográfica, impartido por Tomás Pladevall (A.E.C.), na Escola Superior de Cinema i Audiovisual de Catalunya (2002-03). Técnico especialista en operacións de cámara e iluminación pola Escola de Imaxe e Son de A Coruña (1996-97). Desde 1992 fixo máis de trescentas horas en dez cursos e obradoiros técnicos sobre cine dixital, alta definición, etalonaxe dixital, arte visual, foto industrial, foto en branco e negro, camerografía, realización e montaxe, entre outros.
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Alberto Díaz “Bertitxi” (1)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org