Gonzalo Uriarte / Actor

Gonzalo Uriarte

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Gonzalo Uriarte
Gonzalo Uriarte
Actor
Nome completo: Gonzalo Martín Uriarte
A Coruña 1952   



Retrato © Xoán Piñón

Actor de teatro con máis de tres décadas de experiencia, desde 1978 ten actuado sen interrupción nos escenarios con diversas compañías. Foi un dos actores da partida no inicio do audiovisual galego, facendo cine, televisión e dobraxe desde mediados dos oitenta. Saiu no programa infantil de 1987 ”O campo de atrás”, dirixido por Manuel Pombal para a TVG. En 1988 fixo ”Castelao, sinfonía de un esqueleto”, de Doménech Font en TVE e en ao ano seguinte ”Lembrando a Xelmirez”, de Rafael de la Cueva (Estudio 13, TVG). En 1990 participou no programa ”Máis ozono”, de Chichi Campos na TVG. Actuou en teleseries como ”Quart” (Antena 3, 2006), en longametraxes como ”Tierra del fuego” (M. Littin, 1999), en curtas como ”Tacón” (X.Villaverde, 1982), “Reflexos” (C.Amil, 1982) ou “O coleccionista” (X.Díez, 2006) e en telefilmes.


Premios e recoñecementos: Premio María Casares 1997 ao mellor actor protagonista, pola interpretación do personaxe de August Strindberg no espectáculo “A noite das tríbades”. Premio Agapi 2000 á mellor interpretación masculina, polo personaxe de Ramón na película “La lengua de las mariposas”. Candidato aos Premios Mestre Mateo en 2006 e nos María Casares de 2002, 2005 e 2007. A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) concedeulle o Premio de Honra Marisa Soto en 2010.


Formación específica: Cursos de formación con José Struch, Berto Fontana, Juan Pastor, Pilar Francés, Jesús Aladrén, Paco Pino, Assumpta Serna.
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 3 videos de Gonzalo Uriarte

Galería de imaxes | ver As 6 fotos de Gonzalo Uriarte

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Gonzalo Uriarte (4)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org