Jorge Coira / Dirección

Jorge Coira

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Jorge Coira
Jorge Coira
Dirección
Nome completo: Jorge Coira Nieto
Rábade (Lugo) 1971   



Comezou sendo coñecido por cinco curtametraxes que dirixiu durante a década dos noventa. Tivo unha breve pero intensa incursión nos docudramas, achegándose ao mundo das orquestras (“Chunda, chunda”), a Costa da Morte (“Vida nas mareas”) e a policía local (“092”). Fixo videoclips e foi director creativo de promocións da TVG (1996-1998). Desde 2001 retorna á ficción tanto en TV como no cinema, dirixindo entre outras a serie “Terras de Miranda” -con Chema Gagino-. Despois do telefilme “Entre bateas”, -centrado no mundo do narcotráfico-, “O ano da carracha” é a súa primeira longametraxe.

Premios e recoñecementos: Diversos galardóns destacan na súa carreira. “Gran Liquidación” foi premiado en 1994 polo Concello da Coruña na categoría de mellor guión, no concurso “A Coruña... de cine”. En 1998 foi considerada a mellor curtametraxe na I Semana de Cine Celta. “O matachín” levou os premios á mellor curta no Festival Internacional de Cine de Ourense e no certame “Velvet” (ambos en 1996), e tamén recibiu o premio do público na III Mostra de Curtmetratges de Vilafranca (1998). “Chunda chunda” valeulle os de mellor director e mellor documental nos Premios AGAPI 2000. Por "O ano da carracha", recibiu o premio Mestre Mateo 04 á mellor dirección. Nos Premios Mestre Mateo 2008 da Academia Galega do Audiovisual (entregados en 2009) resultou dobremente premiado, na categoría de mellor montaxe por “O menor dos males” e na categoría de mellor realización por “Padre Casares”, xunto con Carlos Sedes, Manuel Espiñeira e Álex Sampayo. Outorgáronlle o premio á mellor dirección no Festival Internacional de Taormina (Italia, 2010) por 18 comidas. Por este mesmo filme levou en 2011, os premios Mestre Mateo á mellor montaxe, á mellor dirección e, xunto con A. Gonda e D. Ameixeiras, o premio Mestre Mateo ao mellor guión.


COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 1 videos de Jorge Coira

Arquivos de audio


  • Jorge Coira fala de 18 comidas

  • Jorge Coira fala de Chunda Chunda

Galería de imaxes | ver As 18 fotos de Jorge Coira

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Jorge Coira (71)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org