María Tasende / Actriz

María Tasende

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 María Tasende
María Tasende
Actriz
Nome completo: María Tasende Cotelo
Carballo (A Coruña) 1977   



Comeza no teatro a primeiros da década dos 2000 e desde entón ten representado ininterrompidamente, acadando os centenares de funcións. Ten participacións puntuais en longametraxes e protagonizou cinco curtas: “La leyenda Gallega” (Beatriz Torres 2007), “De mano en mano” (José Serrano 2006), “Recuerdos” (Claudia Grossman 2006), “Atados” (Falco Films 2005), “Bailad para mí” (Roberto Pérez Toledo 2004). Con sete producións televisivas no seu haber, a pequena pantalla, tanto estatal (“Los Hombres de Paco”, “Los Serrano”, “Círculo Rojo” , “Aída”) como autonómica, conforma a parte principal do seu curriculo profesional.

Premios e recoñecementos: Premio á mellor actriz no 15 Festival de Cine Internacional de Ourense (2010) por Illa Pedra.


Formación específica: Cursos de interpretación con Cristina Rota (2001-2005), John Strasberg en Madrid e Nueva York 2006 e 2007, Alejandro Giles (Madrid 2007). Actuación ante a cámara: Cursos con Victor García León (Central del cine, 2007), Jaime Chávarri (E.C.A, 2007), Carlos De Matteis (Plot Point, 2006) e Sara Bilbatúa (Central del cine, 2005). Educación da voz con Lidia García (2003-2005). Danzas: Contemporánea con Mónica Runde (2003-2005) e con Gustavo de Ceglie (2000-2004), Jazz con Chevi Muraday (2003-2005), Danza africana con Eliane Capitone (2003-2005). Expresión Corporal con Armando García (2001-2005) e Franco di Francesco Antonio (2005). Esgrima con Nacho Fernández (2003-2005). Análise de texto con Milagros Viñas (2004-2005). Dramaturxia e Historia do Teatro con Darío Facal (2001-2005). Patinaxe Artística (Club San Juan Bautista de Carballo, 1983-1994).
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 1 videos de María Tasende

Galería de imaxes | ver As 2 fotos de María Tasende

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de María Tasende (3)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org