Moncho Varela / Produción

Moncho Varela

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Moncho Varela
Moncho Varela
Produción
Nome completo: Ramón Varela Salgado
Pontevedra 1959   



Fundador e produtor executivo de Pórtico de Comunicaciones, ten producido todo tipo de formatos televisivos, materia específica esta da que ademais é profesor na Universidade de Vigo. Tamén ten sido asesor da Consellaría de Cultura. Ten experiencia en xestión e representación musical e artística desde finais dos 70. A mediados da década seguinte ocupou a xefatura de produción do Centro Dramático Galego para a súa posta en marcha e formou parte do arranque da CRTVG como xefe de compras e posteriormente como director de produción da TVG, así como doutros grupos de comunicación. Voltou á CRTVG entre 1991 e 1996, onde foi xerente do Xabarín Club e técnico de intervención delegada para control financieiro. En 1996-97 foi director da división audiovisual do Grupo Voz.

COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org