Manuel Manquiña / Actor

Manuel Manquiña

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Manuel Manquiña
Manuel Manquiña
Actor
Nome completo: Manuel Prieto Comesaña
Vigo 1953   



Un dos actores galegos máis coñecidos de TV, cine e teatro. Saltou á fama con “Airbag” (Bajo Ulloa, 1997) e participou noutras comedias españolas como “Torrente, el brazo tonto de la ley”. Comezara a súa carreira na TVG con diversos programas humorísticos e no cine, baixo ordes de directores galegos como Antonio Blanco e Xavier Villaverde. Protagonizou “Lena”, rodada na súa cidade natal. Cunha trintena de filmes ás costas, fixo ademais monólogos de humor e presentou e cantou en xiras musicais de Siniestro Total e do Xabarín Club.

Premios e recoñecementos: A curtametraxe “El figurante” valeulle tres premios á mellor interpretación masculina en distintos festivais: no IV certame de curtametraxes de Antequera (2001), no XXIII festival de cine independente de Elxe, e na XII semana de cine de Aguilar de Campo. Tamén mereceu unha nominación ó premio Goya como actor reveleación polo personaxe Pazos na longametraxe “Airbag”.


COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 10 videos de Manuel Manquiña

Galería de imaxes | ver As 4 fotos de Manuel Manquiña

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Manuel Manquiña (15)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org