Actriz
Nome completo: Uxía Blanco Iglesias
Touro (A Coruña) 1952
Web propia
Actriz de cine e TV, foi a protagonista de “Sempre Xonxa” a primeira longametraxe de ficción galega en 35mm, dirixida por Chano Piñeiro. En TV, ademáis de participar en series de ficción (“Mareas Vivas”), tamén ten exercido de presentadora, en programas como “Dezine” (desde 1997) ou “Luar”. Protagonizou outras longas como “A lingua das bolboretas” e ten participado nunha vintena de produccións audiovisuais do máis diverso, desde curtas a teleseries de TVE e de Telecinco. Participou en diversas montaxes teatrais desde 1970.
Premios e recoñecementos: Gañou o Premio Zarauz do público pola longametraxe “Sempre Xonxa”. Recibiu o galardón á mellor interpretación feminina polo filme “A lingua das bolboretas” dirixida por José Luís Cuerda. Homenaxeada como figura relevante e representativa do cinema galego no VI Festival Bragacine (Braga 2008).
Formación específica: Realizou o II Curso de Cine e Televisión (ICE, 1982).
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:
FILMOGRAFÍA
- Sexo, entre o ceo e a terra (2009)
- Galicia, cruce de miradas (2007)
- Hotel Tívoli (2006)
- A velocidade funda o esquecemento (2006)
- Somne (2004)
- As viaxeiras da lúa (2003)
- Galactea (a conquista da Vía Láctea) (2001)
- Dagon, a seita do mar (2001)
- A lingua das bolboretas (1999)
- Contar (1999)
- Mareas vivas (1998)
- Dezine (1998)
- Atlántico express (1993)
- Luar (1992)
- Sempre Xonxa (1989)
- O segredo (1984)
Videos | Ver 3 videos de Uxía Blanco
Galería de imaxes | ver As 1 fotos de Uxía Blanco
NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Uxía Blanco (6)
Data: 31 / 7 / 2007
Comezan en Carballiño unha nova edición das Xornadas de Cine e Vídeo
Data: 29 / 12 / 2006
“Planeta cine” repasa as novidades do audiovisual do 2007
Data: 16 / 6 / 2006
O Verbum programa actividades entorno a Martin Códax con presentación de audiovisuais e música
Data: 4 / 8 / 2004
O director Isidro Ortiz roda en Galicia a longametraxe "Somne"
Data: 12 / 1 / 2004
Os monitores de Audiovisual nas aulas formaranse nun curso impartido por profesionais
