Uxía Blanco / Actriz

Uxía Blanco

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Uxía Blanco
Uxía Blanco
Actriz
Nome completo: Uxía Blanco Iglesias
Touro (A Coruña) 1952   
Web propia



Actriz de cine e TV, foi a protagonista de “Sempre Xonxa” a primeira longametraxe de ficción galega en 35mm, dirixida por Chano Piñeiro. En TV, ademáis de participar en series de ficción (“Mareas Vivas”), tamén ten exercido de presentadora, en programas como “Dezine” (desde 1997) ou “Luar”. Protagonizou outras longas como “A lingua das bolboretas” e ten participado nunha vintena de produccións audiovisuais do máis diverso, desde curtas a teleseries de TVE e de Telecinco. Participou en diversas montaxes teatrais desde 1970.

Premios e recoñecementos: Gañou o Premio Zarauz do público pola longametraxe “Sempre Xonxa”. Recibiu o galardón á mellor interpretación feminina polo filme “A lingua das bolboretas” dirixida por José Luís Cuerda. Homenaxeada como figura relevante e representativa do cinema galego no VI Festival Bragacine (Braga 2008).


Formación específica: Realizou o II Curso de Cine e Televisión (ICE, 1982).
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 3 videos de Uxía Blanco

Galería de imaxes | ver As 2 fotos de Uxía Blanco

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Uxía Blanco (8)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org