Actor
Nome completo: José Víctor Lorenzo Mosqueira
Corme (A Coruña) 1962
Actor de teatro, cine e TV. No audiovisual está especialmente ligado ás teleseries e comedias (sitcoms) da TVG, así como ó mundo das curtametraxes galegas. Canles televisivas de fóra de Galicia para as que ten traballado inclúen a Antena 3, Tele 5 e a catalana TV3. Especialista en Commedia del’Arte, entra en contacto coas artes escénicas a finais dos 70, aínda que é en 1991 cando comeza a súa carreira ininterrompida no teatro. Ten traballado en publicidade e como guionista cómico, e é actor de dobraxe desde 1982. Conforma con Evaristo Calvo o dúo cómico Mofa e Befa.
Premios e recoñecementos: Premio AGAPI ’96 ao “Mellor Actor”, ex aequo para Luna e o tándem “Mofa e Befa” (Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo) por "A gran liquidación".
Formación específica: Cursou estudios na Scuola Internazionale Dell´Attore Cómico, dirixida por Antonio Fava (Reggio Emilia, Italia) en 1989. Tamén estudiou na Bond’s School of Clown baixo dirección de Eric de Bond, en Ibiza.
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:
FILMOGRAFÍA
- Fútbol de alterne (2010)
- Sombras na noite (2008)
- O Apóstolo (2008)
- Mia Sarah (2006)
- A vida por diante (2006)
- El nunca o faría (2006)
- Galatasaray-Dépor (2005)
- Hai que botalos (2005)
- Pataghorobí (2005)
- A biblioteca da iguana (2005)
- Para que non me esquezas (2004)
- Ventura na Illa de Hypnos (2004)
- Máxima audiencia (2004)
- Por que...? (2004)
- O agasallo de Silvia (2003)
- As leis de Celavella (2003)
- A Promesa (2003)
- Un paso adelante (2002)
- O alquimista impaciente (2001)
- Terra de Miranda (2001)
- Periodistas (2001)
- Hospital Central (2000)
- ¿A ti como se che di adeus? (1999)
- Era outra vez (1999)
- Apaga a luz (1999)
- Mareas vivas (1998)
- A familia Pita (1997)
- Con perdón (1997)
- Cabeza de boi (1996)
- Mofa e Befa en Gran Liquidación (1995)
- Pratos combinados (1995)
- As xoias da Señora Bianconero (1994)
- A metade da vida (1994)
- Xabarín Club (1994)
- Ceiño lindo (1992)
Videos | Ver 6 videos de Víctor Mosqueira
-

A Vida por diante -

As Leis de Celavella -

Fragmento de As Xoias da Señora Bianconero -

Por que...? -

A Biblioteca da iguana -

Pataghorobí
Galería de imaxes | ver As 4 fotos de Víctor Mosqueira
NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Víctor Mosqueira (7)
Data: 21 / 10 / 2009
Clásicos inmor(t)ais
Data: 28 / 4 / 2006
O programa de Televisión de Galicia aborda as últimas rodaxes que se fixeron no país
Data: 5 / 1 / 2006
Chega a nova da rodaxe de "Memorias dun neno labrego" para 2007 mentres se presenta a serie "A vida por diante"
Data: 2 / 9 / 2005
Música e unha versión de Hamlet reabren a temporada teatral
Data: 17 / 2 / 2005
A Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena entregará o 27 de marzo na Coruña os premios María Casares
