Luís Zahera / Actor

Luís Zahera

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Luís Zahera
Luís Zahera
Actor
Nome completo: X. Luís Castro Zahera
    



Actor con extensa experiencia en cine e televisión desde finais dos noventa, acadou grande popularidade co seu papel de Petróleo na serie Mareas Vivas da canle autonómica. A nivel estatal ten interpretado roles para teleseries como “Motivos personales” (Telecinco 2005), “A tortas con la vida” (Antena 3 2006), “Génesis” (Cuatro 2006), “Círculo rojo” (A3 2007), “Como perros y gatos” (TVE 2007). No cine 2006 foi un ano de grande actividade a nivel español, actuando nas longametraxes “Alatriste” (A. Díaz Yanes), “La silla” (J. D. Wallovits) e “Locos por el fútbol” (J. Rebollo).

Premios e recoñecementos: Por O ano da carracha recibiu o premio Mestre Mateo 04 á mellor interpretación masculina secundaria. Galardón á mellor interpretación masculina de reparto nos premios Mestre Mateo 07 (2008) por Concursante. Premio ao mellor actor no Festival de Cans 2008. Premio Mestre Mateo 09 a mellor actor de reparto polo seu papel en Cela 211. Premio do xurado á mellor interpretación masculina por Conversa cunha muller morta no IX Festival de Cans (2012).


COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 14 videos de Luís Zahera

Galería de imaxes | ver As 13 fotos de Luís Zahera

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Luís Zahera (16)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org