Luís Tosar / Actor

Luís Tosar

de AVG | O soportal do audiovisual galego

  Luís Tosar
Luís Tosar
Actor
Nome completo: Luís Tosar
Lugo 1971   
Web propia



Formado no mundo do teatro e das curtametraxes con directores como Jorge Coira, José Carlos Soler ou Alber Ponte, a finais dos noventa dá o salto ás longametraxes sen abandoar as curtas. Popularizouse no seu papel de Xuíz nas primeiras temporadas da serie "Mareas vivas" (TVG). É membro do dúo cómico The Magical Brothers. Protagonizou con Javier Bardem a exitosa “Os luns ó sol”, entre outros títulos cinematográficos moi coñecidos.

Premios e recoñecementos: Na 51 edición do Festival de Cine de San Sebastián (2003) obtivo a Cuncha de Prata como mellor actor por "Douche os meus ollos", filme que lle valeu tamén o galardón á mellor interpretación masculina protagonista nos XVIII premios da Academia das Artes e Ciencias Cinematográficas de España (2004). Coa mesma película gañou o Cisne de Ouro ao mellor actor no Festival de Cine de Copenhague (2004). Nos XVII Premios Goya en 2003, recibiu o galardón ao mellor intérprete masculino de reparto, polo seu papel no filme "Os luns ó sol". O mesmo traballo valeulle o galardón análogo dos premios do Círculo de Escritores Cinematográficos’2003. Gañou o premio RNE-Sant Jordi, que concede a crítica catalana ó mellor actor español do ano 2002. Por “Un asunto pendente” recibiu os premios ao mellor actor no Festival Plataforma de Nuevos Realizadores e no Festival Internacional De cine de Elxe en 2001. Tamén en 2001 o Festival de Curtametraxes de Noia premiara a súa prolífica carreira. Galardón á mellor interpretación masculina protagonista, nos Premios Mestre Mateo 06 (entregados en maio de 2007) por "Cargo". Premio á mellor actuación masculina protagonista por Cela 211 (Asociación de críticos latinoamericanos de Nueva York, 2010). Por este mesmo filme foi recoñecido como o mellor actor na XV edición dos Premios José María Forqué (2010).


COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 20 videos de Luís Tosar

Arquivos de audio


  • Luís Tosar e Alberto Ammann en Cela 211

  • B.S.O. Mataharis - Esa luz

  • Audio. O agasallo de Silvia. Luís Tosar como Carlos.

Galería de imaxes | ver As 29 fotos de Luís Tosar

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Luís Tosar (81)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org