Xosé Manuel Olveira “Pico” / Actor

Xosé Manuel Olveira “Pico”

de AVG | O soportal do audiovisual galego

  Xosé Manuel Olveira “Pico”
Xosé Manuel Olveira “Pico”
Actor
Nome completo: Xosé Manuel Olveira Gallardo
Esteiro (Muros) 1955   



Actor de teatro desde 1972, ten participado en máis de trinta obras de numerosas compañías (grupo Ditea, CDG, etc). As catro primeiras produccións cinematográficas nas que participa están dirixidas por Chano Piñeiro, abranguendo unha curta, unha mediametraxe e dúas longas. Participa nunha vintena de filmes a partir de mediados dos 80 aínda que é máis coñecido pola súa faceta humorística en programas como "O veciño do xoves" ou teleseries como "Pratos combinados", ambas da TVG. Tamén ten traballado en radio e en publicidade. É presidente da Academia Galega do Audiovisual desde 2009.

Premios e recoñecementos: Nos Premios Mestre Mateo 2008 da Academia Galega do Audiovisual (entregados en 2009) recibiu o galardón de mellor interpretación masculina de reparto por “Os mortos van ás présas”.


COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 9 videos de Xosé Manuel Olveira “Pico”

Galería de imaxes | ver As 9 fotos de Xosé Manuel Olveira “Pico”

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org