Piti Sanz / Música

Piti Sanz

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Piti  Sanz
Piti Sanz
Música
Nome completo: Vicente Luís Sanz Muñoz
    



Un dos máis prolíficos compositores e intérpretes musicais para as artes escénicas e o audiovisual galegos. Cunha ducia de obras de teatro musicadas, é tamén o autor da banda sonora de películas ("Mataharis"), teleseries ("Terra de Miranda"), documentais ("A palabra no tempo") e curtametraxes de directores como Alfonso Zarauza ou Jorge Coira. Ten feito ademais a música para promocións de Internet e videocreacións de danza contemporánea. Confundador dos grupos Sindicato Agrario e Los Contentos, foi músico en discos de Siniestro Total e Los Enemigos.

Premios e recoñecementos: Galardonado nos Premios María Casares, na categoría de mellor música para teatro, nas edicións de 1999 (Finismundi Circus de Mofa e Befa), 2000 (Ñiki Ñake de Ollomoltranvía) e 2001, e finalista en 1999 e 2002. Vencedor no Premio de Maquetas de Radio Cadena Española. Finalista nos Premios Chano Piñeiro 2002 e Mestre Mateo 2003, mesmo ano no que gañou (tiña dúas candidaturas) na categoría mellor música orixinal con Entre bateas. Tamén foi finalista nos Premios AGAPI 1999. Nos Premios Mestre Mateo 2008 da Academia Galega do Audiovisual (entregados en 2009) recibiu o galardón de mellor música orixinal por A noite que deixou de chover, traballo desenvolvido conxuntamente con Iván Laxe. Un tandem que repetiu nos Premios Mestre Mateo 09 cando recibiron o premio a mellor música orixinal polo seu traballo en O Nordés e de novo en 2011 por 18 comidas.


Formación específica: Realizou os Cursos de Música aplicada e de Zanfoña promovidos pola Deputación de Lugo. Participou no curso de Julio Estrada "Invención Musical e Debuxo" en maio de 1991 e no II Congreso de Expresión e Arte celebrado en decembro do mesmo ano.
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 1 videos de Piti Sanz

Arquivos de audio


  • B.S.O. Mataharis - Esa luz

  • Piti Sanz, Sergio Moure e Nani García falan de BSOs

  • Czero

  • Terra de Miranda (cabeceira)

  • Terra de Miranda 2007

  • Terra de Miranda 2007

  • Terra de Miranda 2007

  • B.S.O. A palabra no tempo. Visións

  • B.S.O. A palabra no tempo. Mouros e tesouros

  • B.S.O. A palabra no tempo. Off 1

  • B.S.O. A palabra no tempo. A ollada asolagada

  • B.S.O. A palabra no tempo. Embarcacións

  • B.S.O. A palabra no tempo. O país da auga

  • B.S.O. A palabra no tempo. Sintonía

Galería de imaxes | ver As 7 fotos de Piti Sanz

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Piti Sanz (13)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org