Sonia Castelo / Actriz

Sonia Castelo

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Sonia  Castelo
Sonia Castelo
Actriz
Nome completo: Sonia Castelo Pérez
Ferrol 1968   



Unha das máis prolíficas actrices galegas de TV. Comezou como presentadora de informativos na TVG (1989-91). O primeiro gran éxito da súa carreira foi “Mareas Vivas” (1998-2000) para a TVG, canle na que despois protagonizaría outra teleserie, “Rías Baixas”. Ten traballado para todas as canles privadas estatais en diversas produccións, desde series de ficción ata culebróns. O seu debut nas longas produciuse en 2002 cun filme para cine (“Divertimento”) e un telefilme (“Condenado a vivir”). É actriz e directora de dobraxe desde 1992.

Formación específica: Levou a cabo dous cursos de interpretación, un dirixido por Xulio Lago e outro por Luís Iglesia, así como un terceiro chamado “El actor en el cine”, con Assumpta Serna. Realizou tres cursos de ortofonía e dicción, outro de canto e voz, e mais un curso-taller de contacontos.
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 3 videos de Sonia Castelo

Galería de imaxes | ver As 2 fotos de Sonia Castelo

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Sonia Castelo (6)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org