Juan Lesta / Dirección

Juan Lesta

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Juan Lesta
Juan Lesta
Dirección
Nome completo: Juan José Lesta Pérez
A Coruña 1971   
Web propia



Un dos principais videocreadores de Galicia, conforma con Belén Montero un frutífero equipo de traballo a través da empresa Esferobite e do nome creativo DSK. Conforman o seu historial obras en vídeo incluíndo danza, representacións e animación, varios deles subvencionados pola administración autonómica. Igualmente realizou videoinstalacións e tamén numerosos videoclips para grupos como Fangoria, Apeiron ou La Buena Vida. Igualmente participou en curtas e na proxección de imaxes conxuntadas con música ao vivo. En total suma incontables títulos concebidos e executados desde mediados dos 90. Participou en numerosos encontros da disciplina que o ocupa e realizou documentais de carácter local como Vilagarcía: La revolución industrial y el ferrocarril, Vilagarcía: Mar de Compostela, Meaño e o Salnés e A Muller labrega.

Formación específica: Técnico especialista en produción realización (Escola de Imaxe e Son 1994-95).Técnico especialista en operacións de posprodución. (Escola de Imaxe e Son 1993-94). Técnico especialista en electrónica industrial (I.P.F.P. Diego Delicado 1992-93).
COMPARTIR
Podes insertar esta ficha no teu web/blog copiando o seguinte código:

FILMOGRAFÍA

Documentos

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Juan Lesta (5)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org